Con 6 xogadores racinguistas e da man do noso adestrador do Racing Infantil B, Álvaro Rodríguez, a Selección de Ferrol Sub – 15 logrou hoxe en Carballo a súa clasificación para disputar a fase final do campionato galego, xunto ás Seleccións de Coruña, Vigo e Orense.

Ferrol logrou a súa clasificación ao vencer á Selección de Pontevedra por 1-0 e perder, malia facer un bo partido, coa Selección de Vigo por 2-0, aínda que ese resultado valíalles para pasar.

Alex Cuende, Brais Rodríguez, Lucas González, Pablo Ares, Isaac González e Hugo Suárez foron os xogadores da Fundación do Racing Club Ferrol que formaron parte da selección.

Noraboa chicos!!!

Os laboratorios ONCOMET en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela poñen en marcha a “Campaña de micromecenado BIOPSIA LÍQUIDA”. Un ambicioso proxecto de investigación dirixido a caracterizar diversos tumores a través de mostras de sangue (Biopsia Líquida) de doantes oncológicos de Galicia co fin de estudar a súa evolución e poder conseguir resultados que axuden a un diagnóstico máis preciso e cedo de devanditos tumores.

Esta campaña que persegue financiamento para a contratación de persoal e instrumental para a investigación, foi presentada esta tarde en Santiago, e a ela acudiron varios representantes do fútbol galego. O Racing apoia plenamente esta iniciativa e por iso estiveron presentes na presentación o vicepresidente do club, José Criado e o xogador, Joselu Gómez.

Para más información sobre esta campaña “click aquí”  

Izarra e Racing repartíronse os puntos esta tarde ao empatar a un gol no difícil campo artificial de Merkatondoa.

Un bo resultado para o noso equipo nun partido con varios protagonistas. Primeiro pola volta á titularidade de Ian Mackay logo de máis de cinco meses de lesión. O técnico, Miguel Angel Tena decidiu darlle a oportunidade ao guardameta en detrimento de Paisa que volve así ao banquiño. Outro dos protagonistas do encontro foi un dos refuerzos do mercado de inverno: Mendiguchía estreouse como goleador ao marcar aos cinco minutos de comezar o partido. Mágoa que dez minutos máis tarde e nunha xogada a balón parado e de mala sorte, chegase o gol do equipo local. Maestresalas lanzou un balón raso que chegou a golpear nun xogador rival despistando así a Mackay que non puido evitar que o esférico entrase na portería.

Despois houbo ocasións para ambos equipos polo que o empate pódese considerar xusto tralos noventa minutos de xogo.

Un bo resultado para nós que nos situamos na 11ª posición, cun partido menos, e con 32 puntos. A partir do martes comezará a semana de traballo do noso equipo que preparará o seguinte partido. Novo desprazamento, nesta ocasión a Burgos, rival directo por evitar as prazas da parte baixa da táboa.

(Fotografía do C.D. Izarra)

A Selección Galega Sub 18, clasificouse esta mañá na Estrada, para a Fase Final do Campionato de España ao golear á Selección de Ceuta por 7-0.

O central do Racing Xuvenil, Iván Pérez foi titular neste encontro e ademais anotou os dous primeiros goles que abriron a vitoria galega nun gran partido.

Na fase final, que se celebrará do 21 ao 23 de abril, Galicia terá que enfrontarse a Madrid, Cataluña e Aragón.

Ás 12 do mediodía partiu a expedición racinguista rumbo a terras navarras onde mañá, ás 17:00 horas, enfrontarase ao C.D. Izarra.

A gran novidade na convocatoria do equipo está na presenza de Mackay. O guardameta ten desde o martes a licenza federativa en vigor polo que podería reaparecer mañá co equipo titular logo de máis de cinco meses de lesión, aínda que ese é o principal segredo que garda o técnico de cara ao partido. Por outra banda, a ausencia de Dani Benítez, que non puido adestrar durante toda a semana co resto do grupo, provocou a convocatoria do xuvenil, Alberto Rodríguez.

A Peña Racinguista San Juan desprazarase o próximo fin de semana a Burgos con motivo do partido que disputaremos o domingo 5 no Plantío.

A pasada semana unha representación do plantel acudiu ao Centro Ocupacional Souto de Leixa para compartir uns minutos cos usuarios do centro. Os xogadores, Sergio de Paz, Mendi e Laro Setién, acompañados polo Manager, Gerardo Molina foron os encargados de realizar a visita.

Agradecer aos usuarios os agasallos que lle fixeron ao club e que foron realizados por eles mesmos.

visita souto leixa.-3

Os usuarios do Souto de Leixa realizaron eles mesmos os agasallos

 

 

Xa tedes dispoñible a entrevista que lle fixemos ao noso porteiro Ian Mackay.

Esta semana foi moi esperada por Mackay, porque pasaron casi cinco meses e medio da súa lesión e cóntanos como foi todo este proceso.

A partir de agora estará novamente a disposición de Miguel Ángel Tena.

 

Un total de 12 xogador@s dos nosos equipos estarán coas Seleccións Locais Sub-15, tanto masculina como feminina, na 2ª Fase do Campionato Galego de Seleccións que se celebra o vindeiro luns, día 27, en Carballo.

Alejandro Cuende, Brais Rodríguez, Pablo Ares, Isaac González, Lucas González e Hugo Suárez formarán parte da Selección de Ferrol Sub-15 masculina que adestra Álvaro Rodríguez e que se enfrontarán ás seleccións de Pontevedra e Vigo.

Pola súa banda, coa Selección Local Sub-15 feminina estarán Jennifer Florencio, Nora Pérez, Lucía Rivas, Alba Permuy, Rita Rodríguez e Carolina Senra. As mozas teranse que enfrontar ás seleccións de Pontevedra e Lugo.

. Convocatoria completa Selección Local Sub-15 masculina “click aquí”

. Convocatoria completa Selección Local Sub-15 feminina “click aquí”

 

Se queres coñecer os horarios dos nosos partidos fai “click aquí”