cristo_rey

Esta mañá recibimos a visita dos alumnos de 1º e 2º de Primaria do Colexio Cristo Rei da cidade.

Encántanos recibir as visitas dos colexios e ensinarlles aos nenos as máis descoñecidas estancias da Malata, pero como vos imaxinades os alumnos de Cristo Rei o que máis querían era gozar do adestramento do primeiro equipo para máis tarde facer unha foto de familia.

Os pequenos viñan preparados e leváronse nas súas libretas as firmas dos xogadores, iso sí todos querían a de Pablo Rei e tiveron que facer cola para a tan ansiada firma do xogador ferrolán que recibiu o agarimo de todos os nenos.

Queremos agradecer a visita de todos os alumnos de Cristo Rei por vir pasar unha mañá connosco!!

. Si quieres saber los horarios de nuestros partidos “click aquí”

 

tena pontevedra

O punto sumado ante o Somozas non aliviou a decepción do técnico pola imaxe que ofreceu o equipo: “hoxe non houbo nin gañas nin intensidade, e na primeira parte o único que competiu foi o Somozas. ” Tena, que buscou solucionar o xogo con dous cambios no minuto 40, comentou ademais que “tería que cambiar a todo o equipo menos a Mackay que fixo un partidazo.” O técnico asegurou que: “parece que pelexar pola Copa do Rei non é motivación suficiente e hoxe a sensación era que queren que cheguen as vacacións canto antes” aínda que asegurou que: “atoparei solucións coa canteira para lograr esa clasificación xa que llo debemos ao club e á afección.”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O noso amigo, Álvaro, non estivo afortunado no seu lanzamento de gol directo a portería. No descanso do partido ante o Somozas, e patrocinado por Galictio, tivo lugar o concurso “Trae as túas botas ao campo”. Álvaro non logro o gol directo desde a liña dos once metros co que xa non tivo oportunidade de lanzar desde medio campo.

Na última xornada que nos enfrontará ao Boiro os afeccionados terán unha nova oportunidade de participar no concurso.

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

. Para coñecer todos os horarios dos nosos partidos fai “click aquí”

 

ivan perez

O central Iván Pérez Rodríguez será, finalmente, o único representante racinguista na Selección Galega Sub-18 que participará este fin de semana na Fase Final do Campionato de España de Seleccións Autonómicas. Tralo último adestramento celebrado onte en Santiago, o seleccionador decidiu deixar fóra da convocatoria ao dianteiro Luís Rodríguez.

A Fase Final do Campionato de España celebrarase en Zaragoza, do 21 ao 23 de abril, coa participación de Cataluña, Madrid e Aragón.

AF7_Sabado_manha

Un ano máis, a Escola de Fútbol R. Ferrol participou na fase previa da Arosa Cup 2017. Un gran torneo de fútbol-7 en categoría alevín que ofrece unha gran experiencia, tanto deportiva como social, para todos os equipos.

A nosa Escola competiu co equipo alevín que foi encadrado no Grupo H co Atlético Cuntis, Calasanz “B”, Soutomaior e Pastelería “B”, finalizando na segunda praza con 3 vitorias nos 4 partidos disputados. Esta clasificación deunos a oportunidade de disputar un dos partidos dos 4vos de final enfrontándonos ao Celta Brasov, partido que finalizou con empate a un gol e que se decidiu na tanda de penaltis a favor do equipo rumano.

El juvenil, Luis Rodríguez, se coloca pichichi de la Liga Nacional

Mañana, martes, 18 de abril, a las 17:30 horas, en el campo de A Cañoteira en Santiago, tendrá lugar el último entrenamiento de la Selección Gallega Sub-18 antes de afrontar el fin de semana la Fase Final del Campeonato de España de Selecciones Autonómicas. Una vez más, en esta sesión participarán los racinguistas, Luis Rodríguez Chacón e Iván Pérez Rodríguez.

joselu

O equipo voltou sen nada da viaxe a terras leonesas e o mellor é pechar páxina e pensar na seguinte xornada. O próximo partido non será un calquera xa que recibiremos a visita do Somozas, equipo descendido matemáticamente desde fai un par de semanas, pero que nesta última xornada logrou derrotar ao Pontevedra. O derbi de Ferrolterra celebrarase o domingo, día 23, ás 18:00 horas. Unha xornada na que se espera poder vivir un bo espectáculo e volver á senda dos triunfos das últimas semanas.

Tena recuperará a Bicho, tras cumprir un partido de sanción, e en canto aos lesionados haberá que esperar aos próximos días para saber como evolucionan.

La Delegación de Ferrol de la FGF colabora en la organización de dos encuentros benéficos, a favor de “Una cura para Adri”, que tendrán lugar esta tarde en el Campo de A Gándara. El primero de ellos comenzará a las 17:00 horas y en él se enfrentarán la Selección de Ferrolterra Femenina y el CF Victoria. El segundo de los partidos será a las 19:00 horas entre un combinado de 1ª y 2ª autonómica de Ferrolterra. Además, entre todos los asistentes se sortearán camisetas del Racing Club Ferrol, R.C. Deportivo de La Coruña, R.C. Celta de Vigo y Selección Gallega.