IMG-20170527-WA0019

O equipo Benxamín A da Escola celebrou esta tarde o terceiro posto da Fase Final Galega celebrada en Arzúa. O noso equipo derrotou ao Cisto de la Victoria por 2-0 no partido que decidiu esa terceira praza e tras perder pola mañá ante o Celta, campión galego, por 2-5. Gran traballo o que realizaron todos os xogadores do noso equipo, disfrutando do premio de poder competir cos mellores a nivel autonómico e aprendendo dunha nova experiencia, tanto deportiva como social.

Noraboa equipo!!!

juveniles

Novo fin de semana de competición para os nosos equipos. Especial atención á penúltima xornada da Liga Nacional Xuvenil na que o Racing xógase Coruña ante o C.D. Calasanz as súas opcións de ascenso. Ademáis, o equipo Benxamín “A” da Escola loitará polo título de campión galego en Arzúa.

. Se queres saber todos os horarios “click aquí”

 

benjamines

Este próximo sábado, 27 de maio, celebrarase no Campo de O Viso de Arzúa, a Fase Final Galega nas categorías de alevín, benxamín e prebenxamín.

O equipo Benxamín “A” da Escola, entrenado por Pepo e Jorge logrou o pasado sábado en Becerreá a súa clasificación para esta fase final ao proclamarse campeón do Grupo Norte – A. Agora, nesta fase final enfrontarase ao Real Club Celta de Vigo coma campión do Grupo Sur – B.

. Circular Fases Finais Galegas – Arzúa “click aquí”

 

benjamines

O noso equipo Benxamín “A” logrou esta tarde, na Fase Provincial celebrada en Becerreá, a súa clasificación para disputar a Fase Final do Campionato Galego da categoría que terá lugar a próxima semana.

O noso equipo logrou gañar os cinco partidos que disputou ao longo de toda a xornada, vencendo na final ao CD Lugo por un claro 5-1.

Noraboa chicos!!!

torneo inf. lugo

Mañá, sábado 20 de maio, terá lugar no Campo Municipal das Gándaras, a Fase Final do I Torneo Infantil C.D. Lugo e no que participará o nosoo equipo Racing Infantil “B”, que está encuadrado no Grupo D xunto co Coruxo, Bergantiños e Polvorín.

O noso equipo disputará os seguintes partidos:

11:15 h. RACING “B” – CORUXO F.C.

14:15 h. RACING “B” – BERGANTIÑOS C.F.

17:15 h. RACING “B” – E.F. POLVORÍN

 

. Calendario completo I Torneo Inf. C.D. Lugo “click aquí”

 

 

 

 

cartel campus 2017 - copia

Do 26 de xuño ao 1 de xullo, a Fundación Racing Club Ferrol organiza o XV Campus de Fútbol Base “Xoga no Racing”.

O campus está dirixido a nenos e nenas con edades comprendidas entre os 6 e os 13 anos que queiran disfrutar dunha alternativa positiva de ocio, na que se combina a práctica do futbol e distintas actividades lúdicas e formativas.

Sendo o fútbol a actividade principal do campus, enmarcado nas instalacións da Malata, desarrollaranse outras actividades deportivas coma rocódromo, kayak e unha xornada na praia de Ares con actividades coma vóley playa, windsurf, etc.

O persoal que desenrola o campus está formado por técnicos e monitores da máis alta cualificación reforzados en todas as xornadas por xogadores e técnicos do primeiro plantel do Racing que aportarán as súas experiencias no fútbol profesional cos nenos e nenas participantes.

O campus ofrece dáus modalidades aos participantes: só actividades (de 10:00 h. a 14:00 h. e de 16:00 h. a 20:30 h.) ou con servicio de pensión completa (de 10:00 h. a 20:30 h.) na que se inclue a comida do mediodía.

Coma novidade, destacar que nesta edición, os participantes do campus terán coma agasallo un pack de adestramento da marca oficial do club (Nike).

Todo o traballo que se realizará cos nenos estará directamente relacionado coa metodología de traballo que durante todo o año se emplea na Escola de fútbol do Racing de Ferrol.

. Cartel XV Campus “Xoga no Racing” “click aquí”

. Tríptico XV Campus “Xoga no Racing” “click aquí”

 

. Horarios partidos fin de semana “click aquí”

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

O noso equipo despediu esta tarde a tempada 2016-2017 cun triunfo ante a Arandina por 1-4 e a clasificación para disputar a próxima tempada a Copa do Rei ao finalizar no sétimo posto da clasificación con 54 puntos.

Dani Benítez, Pablo Rei e Joselu con dous goles, foron os autores dos catro tantos que nos deron o triunfo nesta última xornada da competición.

O equipo dá por finalizada a tempada a falta da liquidación dos xogadores que se fará nos próximos días, do mesmo xeito que a planificación da próxima tempada na que haberá novos retos e obxectivos.

Os equipos da nosa Escola, Benxamín “A” e Prebenxamín “A” disputarán a próxima semana, o sábado 20 de maio, as Fases Provinciais nas súas respectivas categorías.

O Benxamín “A” terá que desprazarse a Becerreá onde se enfrontará ao Outes C.F., C.D. Lugo e Bertamiráns F.C.

Información horarios Fase Provincial Benxamín Grupo 1º Norte (Becerreá) “click aquí”

Pola súa banda o Prebenxamín “A” non terá que desprazarse xa que a sé será no Campo de Sinde de O Val. O noso equipo, encadrado no Grupo “A enfrontarase ao C.D. Lugo “B”, E.F. Silleda e Xuventude Oroso.

Información horarios Fase Provincial Prebenxamín Grupo 1º Norte (O  Val) “click aquí”

 

fairplay padres Escuela - Eume Benjamín (2) - web
A Selección Comarcal Sub-12 feminina adestrará o vindeiro luns, 15 de maio, ás 18:30 horas, no campo da Gándara. Un adestramento para o que foi convocada a xogadora da nosa Escola, Olivia Saavedra. Esta sesión será a antesala da Fase Final Sub-12 que terá lugar no campo de Río Seco, o mércores, 17 de maio, e no que a Selección de Ferrolterra enfrontarase á de Santiago.

. Información Fase Final Seleccións Comarcais Sub-12 “click aquí”