Hoxe lúns, 31 de xullo, arrincará a pretemporada 2017-2018 para os equipos de base do noso club con non moitas novidades nos banquiños aínda que si, lóxicamente, nos planteis.

O máis madrugador é o Racing Cadete “A” que esta mesma tarde, a partires das 20:00 horas, no campo anexo da Malata comezará os adestramentos. Nesta nova tempada, Álvaro Rodríguez e Julián Aneiros faranse cargo do equipo da División de Honra.

O seguinte en comezar será o Racing Cadete “B” da Liga Galega con Manolo Pardo á fronte do equipo. O mércores, 2 de agosto, no campo da Gándara terá a primeira sesión de traballo da pretemporada.

A próxima semana será a quenda para o Racing Xuvenil. O lúns, 7 de agosto, no campo da Gándara, Manel Fernández e Fran Cainzos dirixirán a primeira sesión de traballo do novo equipo que repetirá na Liga Nacional Xuvenil.

No que se refire ao Racing Infantil “A” de Liga Galega, o primeiro día de traballo será o 10 de agosto na Malata. Neste equipo tamén haberá continuidade no banquiño xa que o adestrador seguirá sendo Ignacio García Rodríguez.

Para rematar, o Racing Infantil “B”, coa novidade de Joaquín Rico como adestrador, comezará a pretemporada o 14 de agosto no campo anexo da Malata.

Este mércores, ás 20:30 horas, no campo da Revolta (Queixas-Cerceda) comezará a nosa participación na Copa Diputación 2017. Xogaremos ante o CCD Queixas no partido correspondente aos dieciseisavos de final.

O C. D.  Lugo venceu esta tarde, na Malata,  en partido amigable por 0-3. Os goles foron de Fede Vico, Iriome e Campillo. Un partido típico de pretempada no que se viu a superioridade do rival ainda que o Racing xogou moi mermado polas numerosas baixas.

Esta mañá tivo lugar o sorteo dos emparellamentos da Copa do Rei da tempada 2017-2018. O noso equipo quedou exento da primeira ronda, polo que entrará en competición o 6 de setembro, enfrontándose ao Real Murcia ou Cacereño.

Vitoria do Real Club Deportivo da Coruña ante o Racing por 1-4,  polo que o conxunto herculino adxudicouse a LVI edición do Trofeo Concepción Arenal. O capitán do Deportivo, Mosquera, foi o encargado de recoller o trofeo coma campión.

xunta

Os fillos de Isidro Silveira;  Jorge, Isidro e Borja queren trasmitir o seu profundo agradecemento ao Consello Superior de Deportes, Xunta de Galicia, Federación Galega de Fútbol y Real Club Celta de Vigo S.A.D.  polos detalles entregados en memoria do noso presidente na previa ao I Trofeo Isidro Silveira.

O centrocampista, David Bandera, asinou esta mañá a rescisión do seu contrato polo que queda definitivamente desvinculado do club. Dende aquí desexarlle moita sorte no seu futuro profesional e persoal.

Esta misma mañana, en los locales de la RFEF, tuvo lugar el sorteo del calendario de la temporada 2017-2018 en 2ª División “B”.

Una temporada que arrancará el próximo 20 de agosto disputando un derbi ante el Coruxo en A Malata. Ya en la 2ª jornada, prevista para el 27 de agosto nos desplazaremos a Ponferrada para jugar ante la Ponferradina.

. Calendario 2017-2018 2ª División “B” Grupo 1º “click aquí”

 

O I Trofeo Isidro Silveira,  en recordo do noso querido Presidente, celebrouse esta tarde na Malata cun triangular entre Racing,  Celta e Sporting.  O conxunto vigés alzouse co trofeo ao vencer no primeiro partido ao Sporting de Gijón por 2-0, mentras que no enfrentamento ante o Racing finalizou con empate sen goles. No outro encontro, Racing – Sporting, a victoria foi para o conxunto asturiano por 0-3.

Bonita homenaxe a que tivo o noso Presidente con preto de 3000 afeccionados nas gradas da Malata.

 

O próximo 4 de agosto, ás 19:30 horas,  no campo de Sinde,  disputaremos un novo amigable ante a S. D. O Val.