O último día do periodo de fichaxes pechouse coa incorporación dos novos reforzos. O central de 27 anos, Aitor Arregui, procedente do CD El Ejido e o centrocampista de 26 anos, Abel Suárez, do Burgos CF. Ambos chegarán mañá á nosa cidade e nos próximos días incorporaranse á disciplina do conxunto racinguista.

As novas incorporacións no mercado de inverno conlevan tamén saídas. É o caso de Aitor Aldalur, Mikel Fernández e Gonzalo García Cea, xogadores que esta mesma mañá puseron fin á súa relación co noso club. Dende aquí desexarlle aos tres a maior das sortes, tanto a nivel profesional coma persoal.

Esta mañana se cerró la contratación del jugador argentino y nacionalidad italiana, Gonzalo Sebastián García. El lateral izquierdo se encuentra ya en Ferrol y mañana mismo entrenará bajo las órdenes de Ricardo. Internacional Sub-20 por Argentina y a punto de cumplir 31 años cuenta con una gran experiencia en su país tras su paso por el Huracán, Olimpo, Platense, Almirante Brown, Nueva Chicago ó Defensores de Belgrano, mientras que esta última temporada probó fortuna en el fútbol italiano de la mano del Atlético Vieste.

. Horarios fin de semana “click aquí”

 

O mediocentro ofensivo, Álvaro Rey, chega con moita ilusión a Ferrol tras rescindir o seu contrato co Arka Gydnia da Liga Polaca o pasado mes de decembro: “estou moi feliz, contento e con moitas ganas de demostrar que podo xogar en España.” O sevillano probou fortuna no extranxeiro pero recoñeceu non sentirse cómodo en Polonia aínda que “non me arrepinto da experiencia. Aprendes outras culturas e a forma de traballar doutros adestradores.” Sinala que decidiu aceptar a oferta racinguista porque: “é un bo club e o proxecto deportivo é moi interesante.” Álvaro Rey espera poder axudar ao equipo: “porque este club e a súa afección o merece.” Mañá mesmo comezará a traballar co resto dos seus compañeiros baixo as órdes do técnico Ricardo López. Pola súa banda, o presidente José Criado comentou na súa presentación que sen dúbida este xogador “lle dará un nivel máis ao plantel.” Tamén adiantou que Álvaro non será a último fichaxe neste mercado de inverno.

 

O dianteiro, Sergio Mendiguchía, é outra das baixas do mercado invernal. A chegada de novos reforzos, en concreto a de Álvaro Rey, provoca a saída dalgúns xogadores coma é o caso do avilesino que non contou moito esta temporada, nin para Tena nin para Ricardo López.

O bo traballo que está realizando o Racing Xuvenil no pasa desapercibido para os seleccionadores autonómicos. En concreto, o bo traballo dos xogadores que o pasado venres lograron sumar un punto no difícil campo de Abegondo ante o Deportivo. O Seleccionador Sub-18 quere seguir os pasos dalgúns dos nosos xogadores e esta semana convocou a catro dos nosos futbolistas: Sergio Otero e Alejandro Ramos repiten convocatoria á que se suman esta semana Alberto Rodríguez e Álex del Río. Os catro estarán o mércores, no Campo de Zacande de Meis, para participar nunha nova sesión de adestramento do combinado autonómico.

“Os xogadores de élite cando se caen vólvense a levantar.” O técnico, Ricardo López vai traballar para intentar recuperar anímicamente aos seus xogadores despois da derrota ante o Talavera. Non poido ser, e cortouse a racha positiva dende a súa chegada a Ferrol: “Hay que levantarse deste varapalo e levantar aos xogadores. Vamos a seguir traballando máis para solucionar esto.” Non hai tempo para rendirse despois dun partido no que o equipo estivo bastante impreciso: “Ao ir perdendo, a confianza non é a mesma e chega o nerviosismo. Hai que seguir traballando para melloralo.” Ricardo confía en que as novas incorporacións axuden a mellorar a situación pero tambén sinala que: “Hai que confiar nos que están aquí agora e no club que está traballando ben.”

Mañá domingo, ás 17:00 horas, no campo da Malata teremos unha nova oportunidade de sumar tres novos puntos. O CF Talavera visita a nosa casa na 23ª xornada. A cuarta dende a chegada do técnico Ricardo López quen ainda non coñace a derrota tras dous empates e un triunfo. O obxetivo para mañá non é outro que dar unha nova alegría á nosa afección celebrando unha vitoria que ao mesmo tempo nos faga seguir avanzando na clasificación. Tras unha boa semana de traballo na que a intensidade e motivación é unha das claves do novo adestrador, o equipo está cada vez máis reforzado anímicamente o que, sen dúbida,  reflexase no terreo de xogo.

Ricardo conta con toda o plantel para afrontar este compromiso, excepto con Diego Seoane, quen todavía non está ao cento por cento. O resto dos xogadores en perfectas condicións polo que o adestrador terá que facer mañá dous descartes para quedarse cos 18 convocados.

As gestións para incorporar a un novo xogador no mercado invernal seguen dando os seus frutos co acordo pechado nas últimas horas por parte do director deportivo, Carlos Mouriz. O centrocampista sevillano Alvaro Rey chegará nos próximos días a Ferrol para incorporarse ao noso equipo. 28 anos pero unha larga traxectoria futbolística: Nástic de Tarragona, Xerez, Toronto, Columbus, Alcorcón, Murcia, Panetolikos e o Arka Gdynia da 1ª división polaca, foron os seus equipos. Alvaro Rey convértese así no segundo fichaxe deste mes de xaneiro.