Abrimos o  prazo de inscrición para participar no XVI Campus de Fútbol Base “Xoga no Racing” 2018 organizado pola Fundación Racing Club Ferrol, e que terá lugar nas instalacións da Malata do 25 ao 30 do próximo mes de xuño.

Dirixido a nen@s entre os 6 e os 13 anos, o campus é unha actividade lúdica e ten coma obxetivo principal que os nen@s se divirtan e ademáis melloren as súas habilidades e técnicas futbolísticas. Ademáis de moito fútbol haberá rocódromo, kaiak-polo, xogos populares, e unha mañá de deporte no areal da Praia de Ares.

@s participantes do Campus terán a oportunidade de coñecer a xogadores profesionais e na tarde do venres disfrutarán dunha master class cun adestrador de primeiro nivel.

Con dúas opcións de inscrición: Media pensión, na que se inclue o almorzo, ou só actividades con horario partido de mañá e tarde. O precio varia tamén en función da opción elexida e se é xogador da Escola de Fútbol, abonado ou fillo de abonado do Racing.

Para máis información fai “click aquí” e descárgate o tríptico coa folla de inscrición.

 

 

Leave a Reply