Os premios “Volta á Ría” entregaranse mañá, venres 8 de xuño, ás 20:00 horas, no Pazo da Cultura de Narón e no transcurso da VII Gala do Fútbol de Ferrolterra. Unha gala na que se otorgan diferentes premios polo traballo e resultados da temporada que está a punto de finalizar e na que o Racing tamén estará representado.

Por una banda, o Racing Xuvenil recibirá unha distinción especial polo seu recente ascenso á División de Honra. Tamén os xogadores: Alberto Rodríguez, Álex Ramos, Luis Rodríguez e Sergio Otero por participar coa Selección Galega Sub-18 na presente tempada.

Álex Ramos, Alberto Rodríguez, Sergio Otero e Luis Rodríguez

Por outra parte, os diferentes equipos que conseguiron os títulos de campións nos seus respectivos grupos das ligas locais de Fútbol-8 tamén recibirán o seu agasallo. Neste caso, o Benxamín A da Escola de Fútbol R. Ferrol polo título de campión de liga no Grupo 21, que lle serviu para disputar a Fase Intermedia do Campionato Provincial.

Benxamín A

 

 

 

 

 

 

 

E o equipo Alevín A coma campión do Grupo 22.

Alevín A