Historia Escola

A firma do acta fundacional da Escola de fútbol R. Ferrol tivo lugar o 25 de agosto de 2006 collendo a testemuña da Fundación do Racing Club Ferrol para a formación e desenvolvemento na práctica do fútbol, dos nenos e nenas das seguintes categorías: Biberóns, Prebenxamines, Benxamines, Alevíns e Infantís de primeiro ano.

A Escola de fútbol R. Ferrol inscríbese no Rexistro de Asociacións Deportivas e Deportistas da Xunta de Galicia co Nº DE REXISTRO C-09089. Pola súa banda, A Federación Galega de Fútbol inscribe á Escola para a súa afiliación federativa co nº 1-791, mentres que no Padroado Municipal de Deportes do Concello de Ferrol o nº de Rexistro é o 183.

Desde o ano da súa fundación ata a presente conta con máis de 200 nenos por ano nas diferentes categorías.

Patrocinadores