Os afeccionados están respondendo de forma moi positiva á Recollida de alimentos e xoguetes que organiza a Fundación Racing Club Ferrol. Debne hoxe xa se venderon entradas bonificadas para o encontro deste sábado ante o Real Madrid Castilla. Por un kilo de alimentos ou un xoguete pódense adquirir as entradas de público cun 50% de desconto. Tribuna 10 €, Preferencia 7, 50 € e Fondo Sur 5 €.

Destacar de forma especial a gran aportación a esta causa do Museo Racing Ferrol 1919 xa que os seus fundadores invertidron algo máis de 150 € en diferentes alimentos de primeira necesidade e que irán destinados aos máis necesitados.

Recordar a todos os afeccionados que todavía están a tempo de aportar o seu gran de area. As localidades poderanse adquirir, o xoves todo o día, e o sábado pola mañá nas oficinas da Malata, mentras que o sábado pola tarde o punto de venda será a taquilla.

Leave a Reply