José María Criado Labajo é, dende hoxe, o noso novo Presidente. Accede ao cargo tras máis de vinte anos dentro da Xunta Directiva e posterior Consello de Administración da Entidade.

Por coherencia, dedicación e traballo trátase da substitución natural no cargo tralo falecemento de D. Isidro Silveira Cameselle, e así o decidiu, por unanimidade, o Consello de Administración na reunión celebrada na tarde de hoxe nas instalacións da Malata. A devandita reunión acudiron José María Criado Labajo, Isidro Silveira Rei, Juan Manuel Pazos García, os representantes do Concello de Ferrol Bruno Díaz Doce, Jesús Basterrechea López, así como Borja Silveira Rei que cobre interinamente a vacante de D. Isidro Silveira.

A nova distribución de cargos aprobada polo Consello é a seguinte:

Presidente: D. José María Criado Labajo

Vicepresidente: D. Juan Manuel Pazos García

Secretario: D. Borja Silveira Rey

Vogais:   D. Bruno Díaz Doce,

D.  Jesús Basterrechea López

D. Isidro Silveira Rey

 

 

Leave a Reply