Alberto Rodríguez, Sergio Otero, Luis Rodríguez e Alejandro Ramos, xogadores do Racing Xuvenil, entraron na lista definitiva da Selección Galega Sub-18 para participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebra este fin de semana en terras madrileñas.
Trala sesión de traballo de onte e na que participaron os catro racinguistas, o seleccionador ofreceu hoxe a convocatoria para o adestramento desta tarde na Estrada e o de mañá en Padrón.