O mediocentro, Rafa García, participou esta mañá no seu primeiro adestramento co seu novo equipo. O xogador traballou baixo as ordes de Miguel Anxo Tena e despois foi presentado aos medios de comunicación.

O xogador quixo agradecer a insistencia do Racing para o seu fichaje e asegurou que dará todo porque o equipo logre o seu obxectivo: “veño a un club con moita historia pero que por circunstancias está pasando unha mala tempada.” Trala súa primeira sesión en Ferrol comentou que: “as sensacións son boas e ademais o vestuario acolleume moi ben.” Rafa García é un medio centro defensivo e sobre a súa calidade sobre o terreo de xogo comentaba que “ao equipo gústalle xogar bonito e por iso creo que encaixo ben.”

Pola súa banda, o vicepresidente do club, José Criado asegurou que “é un esforzo o que facemos pero é un xogador que necesitabamos.”

Para rematar, Miguel Anxo Tena mostrouse moi satisfeito coa contratación de Rafa García para “crear competencia no medio centro porqué estamos faltos de persoal.”

 

Deja un comentario