O descenso a 3ª División certificouse esta tarde co empate ante o Rayo Majadahonda e Ricardo relatou en sá de prensa como estaba o vestiario: “Imaxínate como están. Moi mal e non se pode estar peor. Hoxe é un dos días máis tristes que vivín no fútbol.” O técnico recoñece que este descenso non chega polo partido de hoxe: “non se poden por excusas. Tivemos moitas oportunidades, moitos partidos para sacar isto adiante e non fumos capaces.” E non oculta que: “o problema foi fora de casa que non dimos coa tecla adecuada para gañar fora.” Se auto critica sinalando: “que agora hai que analizar os erros que cometín e aprender de eles.” Ao mesmo tiempo que pide perdón aos xogadores “por non haber podido dar con esa tecla para salvar ao equipo.” Ricardo, que finaliza contrato co club esta temporada, polo momento descoñece onde estará o seu futuro e despediuse na sá de prensa cun agradecemento: “a Carlos Mouriz por confiar en min, ao club, á cidade e á afección.”