Sumar de tres en tres é o único obxetivo que persegue o equipo racinguista ata poder sair da zoa de descenso e conservar a categoría. O triunfo do pasado sábado ante a Gimnástica deu unha dosis extra de moral, tanto a xogadores, corpo técnico e afección, para pensar que se pode sair dos últimos postos da táboa.

Esta mesma mañá, e tras unha breve sesión de traballo, o plantel puso rumbo a terras madrileñas onde mañá domingo enfrontarase á AD Unión Adarve, o conxunto madrileño que está a sete puntos da zoa de promoción de descenso.

O peor para os racinguistas son as baixas coas que conta para este partido. Víctor Vázquez e Álvaro Rey, titulares  na última xornada, quédanse en Ferrol por diferentes lesións. A boa noticia é que o arxentino Gonzalo Sebastián sí recuperouse e viaxa a Madrid co resto dos seus compañeiros. O único descartado esta semana por decisión técnica foi o xóven, Borja Freire. O resto do equipo está a disposición do corpo técnico para afrontar a 28ª xornada da temporada.

Deja un comentario