O noso equipo segue sumando lonxe de casa. Esta tarde, no Baltasar Pujales, reparto de puntos ante o Rápido de Bouzas nun choque no que non brillou o xogo ofensivo por parte de ningún dos dous equipos e que finalizou con empate a un gol. O primeiro revés para nos chegou aos cinco minutos de xogo e protagonizado por Víctor Vázquez que se tivo que retirar por unha lesión no xeonllo esquerdo o que obrigou a Tena a realizar o primeiro troco do encontro dando entrada a Joseba Beitia. O segundo revés chegaría co gol de Carlos Pereira no minuto 20, ainda que aos catro minutos, Alain Eizmendi cun disparo dende a frontal logrou igualar de novo o encontro. A partires de ahí, o xogo foi a menos por parte dos dous equipos que non foron capaces de xerar accións de perigo na portería contraria deixando o marcador co 1-1.

Dentro de catro días, na Malata, nova xornada de liga e cun novo derbi que nos enfrontará ao Cerceda.