O Racing Xuvenil reforzase no último tramo da competición coa volta do medio centro, Javier Sanmartín. O ferrolán deixa o Celta despois de tres temporadas e retorna ao seu club de orixen, no que se formou coma xogador. Este ano a fortuna deulle a espalda no que se refiere ás lesións, polo que non tivo a oportunidade de demostrar a súa calidade no equipo da División de Honra Xuvenil e se decanta agora por axudar ao conxunto racinguista que, a falta de 11 xornadas para concluir a temporada pelexará por alcanzar unha das prazas de ascenso.

“Esta victoria vainos axudar e daranos confianza.” Así o ten claro Ricardo López tralo triunfo ante a Gimnástica Segoviana. O técnico recoñece que todavía quedan moitos puntos en xogo por eso non lle gusta facer cálculos de cantos puntos darán a permanencia: “Hai que fixarse nun mesmo e non facer cálculos porque eso é o conto da lechera e non vale de nada.” Asegura que o camiño para lograr a permanencia non vai ser fácil pero esta vitoria da un respiro ó plantel.” Antes do partido lles dixen que hoxe era un partido de sentimento e por eso xuntaronse no medio do campo nunha piña.” Sobre a decisión de deixar a Joselu no banco comentou que: “eu saco aos que mellor vexo e Álvaro e Fran Sota compleméntanse moi ben por eso apostei por eles.”

 

A 27ª xornada en 2ª División “B” depáranos unha nova final. A partires das 18:00 horas, na Malata, Racing – Gimnástica Segoviana en busca de tres puntos que darán, ao que logre vencer, algo de alento neste último tramo da competición.

Tras unha semana difícil despois da derrota en Pontevedra o equipo traballou esta mañá no anexo da Malata. Última sesión de adestramento para preparar este novo compromiso e coa participación da totalidade do plantel. Mañá, o adestrador tan só terá a baixa de Pablo Rey. O capitán terá que cumplir un partido de sanción por acumulación de tarxetas.

A pesares dos malos resultados, mañá espérase un mellor ambente nas gradas, sobre todo en Fondo Sur e en parte grazas á medida do Consello de Administración de poñer á venda 300 entradas ao prezo de 3 euros. Todavía mañá poderanse adquirir nas oficinas do club, de 11:00 a 13:00 horas.

Alberto Rodríguez, Sergio Otero, Luis Rodríguez e Alejandro Ramos, xogadores do Racing Xuvenil, entraron na lista definitiva da Selección Galega Sub-18 para participar no Campionato de España de Seleccións Autonómicas que se celebra este fin de semana en terras madrileñas.

Trala sesión de traballo de onte e na que participaron os catro racinguistas, o seleccionador ofreceu hoxe a convocatoria para o adestramento desta tarde na Estrada e o de mañá en Padrón.

. Se queres saber todos os nosos horarios fai “click aquí”

 

Alberto Rodríguez, Sergio Otero, Luis Rodríguez e Alejandro Ramos son convocados por parte do Seleccionador Galego Sub-18 para o adestramento de mañá, martes, no Campo de A Cañoteira. Tras esta sesión de traballo, o seleccionador dará a lista definitiva para o resto de adestramentos desta semana, o mércores na Estrada e o xoves en Padrón, e para o Campionato de España que se celebra en Colmenar Viejo en Madrid este fin de semana.

Os tres puntos do derbi Pontevedra – Racing quedáronse esta tarde en Pasarón. Tres puntos xustos para o conxunto granate que venceu por 3-0 con todo merecimento. Unha nova derrota que fai que se teña que pensar xa rápidamente na seguinte xornada e en acadar unha vitoria. O sábado, na Malata, recibimos a visita da Gimnástica Segoviana nun partido no que só vale gañar.

 

. Para saber os horarios dos nosos partidos fai “click aquí”

O segundo adestrador, Fran Beade,  foi o encargado de dirixir o encontro dende o banco da Malata pola sanción de Ricardo López.  Tamén Fran Beade foi o encargado de acudir á sá de prensa para falar cos medios de comunicación sobre a derrota e recoñeceu que: “A situación é frustrante cando se poñen todos os medios posibles: reforzos, adestrador con novas ideas, o plantel involucrado ao máximo… pero ves que non chegan as victorias.” Non entanto, Fran cre que: “hai que seguir traballando porqué é a única forma de sacar ao equipo desta situación.” e recoñece que o maior problema está: “en que non somos capaces de xerar ocasións de gol. Chegamos ben á área rival pero después fallamos no último pase.”

Non deixar escapar ningún punto en casa é o obxetivo que perseguirá o noso equipo de aquí ao final de liga. Os tres puntos en xogo preséntanse vitais para sair da zona de descenso de categoría e mais ante a nosa afección. Mañá,  ás 17:00 horas, será o CD Guijuelo o rival que nos de a primeira oportunidade para conseguilo.

Esta mesma mañá, última sesión de traballo baixo a dirección de Ricardo López e Fran Beade. A boa noticia para esta nova xornada é que o corpo técnico conta con tan só unha baixa, a de Nano por sanción ainda que tamén o adestrador verá o partido dende a grada pola súa expulsión no último partido. Ata momentos antes do partido non fará os dous descartes para quedarse cos 18 convocados.

Recordar que o equipo necesita tamén o alento da nosa afección e que mañá os aboados poden retirar entradas a mitade de prezo para os seus amigos ou familiares.  Unha medida que se espera teña unha resposta positiva e que as gradas rexistren un mellor ambente que nas últimas semanas.