Mañá sábado, ás 17:00 horas, no Municipal de O Roxo de Cerceda, último partido de rivalidade que afrontaremos nesta tempada 2017-2018, e coa urxente obriga de sumar os tres puntos en xogo. O Cerceda, aínda que é o colista, non o porá nada fácil e haberá que traballar ben durante os 90 minutos para lograr o triunfo.

Anímicamente, o noso equipo está cada vez máis reforzado grazas aos bos resultados das últimas semanas. Situación que se palpou durante a semana de traballo. Esta mesma mañá, baixo un gran aguacero, última sesión táctica de Ricardo López para repasar o partido. Para mañá recupera a Nano pero perde a Víctor Vázquez por sanción. O resto do equipo está en boas condicións físicas e ata mañá non sabremos os nomes dos 18 que entrarán na convocatoria.

Debido á cercanía do encontro as gradas do Municipal contarán cun bo número de afeccionados racinguistas. Recordar que todos aqueles que garden a entrada de mañá poderán canxeala nas oficinas do club por dúas invitacións para o encontro ante o Toledo na Malata do seguinte fin de semana.

A Escola de Fútbol R. Ferrol participará estos días en varios torneos de Semana Santa de Fútbol-8.

Dende o xoves e ata o sábado, o campo da Pedreira acolle o VI Torneo Concello de Mugardos. O Alevín B que adestra Bellón e o Prebenxamín B que dirixe Gonzalo so os equipos que representarán á Escola en dito torneo.

Tamén o xoves e o venres, pero en Villagarcía, terá lugar a previa da XXIII edición do Arousa F-7 coa participación do Alevín A e Alevín C.

Por último, e xa o domingo en Pontevedra, o Benxamín A tomará parte no VI Torneo Benxamín “Villa de Caldas” 2018.

Mañana xoves, a partires das 10:30 horas, Racing e Lugo compartirán sesión de traballo sobre o céspede do ampo daMalata para preparar os seus respectivos compromisos do fin de semana. O CD Lugo que xogará no campo do Nástic de Tarragona e o noso equipo que disputará un novo derbi, nesta ocasión no campo do Cerceda.

Aínda que a entrada para os afecionados que o desexen será libre, non se disputará ningún partido xa que será un simple adestramento entre ambos conxuntos.

Por primeira vez en moitas semanas podemos falar dun fin de semana moi propicio para os nosos equipos.

A vitoria de onte do primeiro equipo ante o Rápido de Bouzas puxo o colofón a unha boa xornada dos equipos de base da entidade.

O Racing Xuvenil segue con paso firme na parte alta da táboa. En concreto, é 4º con 53 puntos tras derrotar o sábado, no campo da Gándara, ao Conxo por 2-0. Dani Barca e Javier Sanmartín deron o triunfo ao noso equipo ao que lle quedan 7 finais por diante para poder alcanzar o ascenso de categoría.

Na División de Honor Cadete o Racing Cadete continúa en zona de permanencia, 14º con 30 puntos, tras derrotar ao Bertamiráns pola mínima grazas ao tanto de Gardette no min. 68.

En canto á Liga Galega Cadete, o Racing B volveu cun punto máis do seu desprazamento a Santiago onde empató a dous goles ante o Bertamiráns B. O equipo que adestra Manolo Pardo ten 27 puntos e ocupa a 13ª posición da táboa.

Na Liga Galega Infantil, novo triunfo do Racing Infantil A, esta vez no campo do Imperator venceron por 1-2 celebrando así a 5ª vitoria do noso equipo na Fase de Permanencia.

Para rematar, na Liga Local Infantil, o Racing B derrotou ao Ánimas por 4-2 e mantense na 2ª praza con 39 puntos.

No que se refire á Escola de Fútbol R. Ferrol, destacar que non se puido disputar toda a xornada prevista debido ao temporal e que obrigou a suspender varios dos nosos partidos. Non entanto, a evolución dos alumnos segue sendo moi positiva afrontando xa o último tramo do curso.

Nova vitoria na Malata que nos acerca un pouco máis á salvación. O técnico, Ricardo López comentou en rolda de prensa que pouco a pouco o equipo vai mellorando e adaptándose ao seu estilo de xogo: “o equipo está collendo identidade, seguridade. Gañamos ou perdamos o traballo está ahí.” E sen facer o mellor partido en casa logrouse unha vitoria grazas “a unha xenialidade de Pablo Rey.” Ricardo segue alabando a actitude e esforzo do seu equipo: “chapó unha vez máis porque xogaron ao fútbol e estiveron impresionantes ante un rival que defende moi ben.”

Domingo, 17:00 horas, A Malata vivirá o derbi Racing – Rápido de Bouzas. Unha nova xornada con tres puntos en xogo fundamentais para saír da zona baixa da táboa.

A salvación pasa por non deixar escapar ningún punto diante da nosa afección e a vitoria ante o conxunto madrileño fai dúas semanas fai que se afronte este partido con sensacións positivas. Ademais, o bo xogo exhibido en Barreiro o pasado domingo aínda que sen premio no resultado final, dá un plus de optimismo a todo o persoal e corpo técnico para celebrar mañá un novo triunfo.

Recordar que para mañá hai entradas bonificadas de amigo de socio. Os abonados poden adquirir localidades ao prezo de 7 euros en tribuna, 5 en preferencia e 3 en fondo sur. As taquillas do campo abrirán unha hora antes do comezo do partido.

A única baixa coa que conta Ricardo para este encontro é a de Nano. O xogador herculino cumprirá un partido de sanción por acumulación de amonestacións. O resto do plantel está a disposición do técnico que terá que facer dous descartes.

Este mediodía os alumnos de educación primaria do Colexio de Recimil recibiron a visita dos nosos xogadores. En concreto, Fran Sota, Aitor Arregui e Abel Suárez charlaron cos nenos e repartiron invitacións para presenciar o encontro deste domingo na Malata. Os xogadores foron recibidos cunha gran ovación mentres soaba o himno do club por megafonía. Esta actividade, organizada pola Fundación Racing Club Ferrol, ten como obxectivo achegar o equipo aos máis novos da nosa cidade.

. Horarios partidos Racing, Fundación e Escola “click aquí”

 

O próximo domingo, 25 de marzal ás 17:00 h.,  recibimos ao Club Rápido de Bouzas, o Consello de Administración decidiu continuar coas entradas bonificadas de “Amigo de Abonado” para facilitar a afluencia dos afeccionados que, nestos momentos, onde o equipo xógase moito,  necesita máis que nunca o apoio de tod@s.

Os prezos para as localidades para o partido de referencia son os seguintes:

ENTRADAS BONIFICADAS

GRADAS

AMIGO ABONADO

TRIBUNA

7 €

PREFERENCIA

5 €

FONDO SUR

3 €

 

ENTRADAS PÚBLICO XERAL

GRADAS

PÚBLICO

MENOR DE 12 ANOS

TRIBUNA

20 €

1 €

PREFERENCIA

15 €

1 €

FONDO SUR

10 €

1 €

 

#ApoyaAlEquipoDeTuCiudad

 

HORARIO VENDA DE ENTRADAS

De martes a venres:             De 10:00 h. – 13.30 h.

De martes a xoves:              De 16:30 h. – 19:30 h.

Sábado:                                  De 11:00 h. – 13:00 h.

Taquilla: Domingo a partires das 16:00 h.

O Celta B impúxose no derbi disputado esta tarde no campo de Barreiro. O gol de Juan Hernández, no minuto 14 de partido, deu o triunfo ao equipo local nun encontro con ocasións para ambos conxuntos sobre todo nos primeiros 45 minutos. O equipo racinguista intentou remontar e puideron facelo Jacobo Trigo e Joselu pero as súas ocasións non tiveron a fortuna necesaria para finalizar en gol. Xa na segunda parte control de balón do Racing, dominando o partido e con ocasións para iso Joselu, Armental ou Juan Mera que puideron bater a portería defendida por Sotres, pero quedáronse en só ocasións.

Un resultado negativo que rompe a boa racha do noso equipo e que o próximo fin de semana afrontará un novo partido de rivalidade. Domingo, ás 17 :00 na Malata, recibimos a visita do Rápido de Bouzas.