A pesar do mazazo que foi o non sumar os tres puntos ante o Valladolid “B” Ricardo non perde o optimismo e a esperanza: “temos que gañar os dous partidos e estamos preparados para iso. Aceptamos o reto.” Anímicamente o empate deixou cabizbaixa, tanto á afección coma os xogadores, aínda que o técnico non teme a que poida afectar de cara ao próximo encontro: “estivemos peor e o equipo levantouse por iso non nos vai a afectar. ” Hai que pasar páxina e pensar xa na seguinte xornada: “este partido xa pasou e agora só temos que pensar en gañar os dous seguintes. É o que queda.” o único que lamenta o técnico é non aproveitar as ocasións para sentenciar o encontro: “agora non vale lamentarse porque tivemos a oportunidade de matalos pero non o fixemos.”

Este domingo, ás 17:00 horas, a cita está na Malata. Non é un simple partido, é unha final máis na que nos xogamos a permanencia en 2ª División “B”. Recta final dun campionato difícil pero que para o noso equipo preséntase co maior dos optimismos e ilusións. Os bos resultados que estamos conseguindo nos últimos partidos ante os nosos afeccionados, e sobre todo a vitoria por 4-1 ante o San Sebastián dos Reis, fan albergar a esperanza de poder celebrar outra vitoria ante os nosos. Unha afección que neste partido multiplicarase con fartura xa que cada abonado tivo a posibilidade, durante toda a semana, de retirar dúas invitacións da súa mesma localidade. As gradas da Malata vestiranse de verde para arroupar ao equipo e celebrar un triunfo que nos axude a conseguir a permanencia.

No aspecto deportivo, Ricardo López, non pode contar co sancionado Arregui, Fran Sota e Néstor Franco por lesión polo que o guardameta do Racing Xuvenil, Alex Regueira repetirá convocatoria.

Consulta todos os nosos horarios facendo  “click aquí”

 

 

 

Este mediodía, no Concello de Ferrol, tivo lugar unha roda de prensa para informar achega das iniciativas promocionales que levaremos a cabo para o partido deste domingo, na Malata. É máis que un partido de fútbol na nosa casa, ante a nosa afección, xa que os tres puntos son imprescindibles para lograr a permanencia.

O Presidente do club, D. José Criado, o Alcalde da cidade, Jorge Suárez, o Presidente da federación de penas, Pablo Bo, e José Enrique Yañez representante da Pena San Juan foron os encargados de presentar estas iniciativas:

. Proporcionaremos 200 invitacións á Federación de Penas.

. Repartiranse 300 invitacións, para menores de 18 anos, para repartir a través da Concejalía de Deportes do Concello da nosa cidade.

. Todos os nosos abonados da presente tempada 2017-2018 terán a posibilidade de retirar 2 invitacións da súa mesma grada, de forma anticipada nas oficinas do club (ata o sábado, día 28 ás 13:00 horas). Ademais, poderán adquirir as localidades a prezo bonificado:

ENTRADAS BONIFICADAS *

GRADAS

AMIGO ABOADO

TRIBUNA

7  €

PREFERENCIA

5  €

FONDO SUR

3  €

*As entradas bonificadas tamén se poderán retirar na taquilla.

ENTRADAS PÚBLICO XERAL

GRADAS

PÚBLICO

MENOR DE 12 ANOS

TRIBUNA

20 €

1 €

PREFERENCIA

15 €

1 €

FONDO SUR

10 €

1 €

#ApoiaAoEquipoDaTúaCidade

HORARIO OFICINA:

De martes a venres:   De 10:00 h. – 13.30 h.

De martes a xoves:     De 16:30 h. – 19:30 h.

Sábado:                            De 11:00 h. – 13:00 h.

Taquilla: Domingo a partires das 16:00 h.

 

 

Esta mañá realizouse a foto oficial da tempada 2017-2018.

A vitoria ante o Sanse por 4-1 dá certa tranquilidade e reforza ao equipo de cara á próxima xornada: “estámolo facendo ben e temos moitas opcións porqué dependemos só de nós e imos ir a por iso.” con tranquilidade falaba o técnico, Ricardo López na sá de prensa da Malata tras un partido no que recoñeceu que: “hoxe tivemos moita efectividad de cara a gol e ao equipo váiselle notando a súa identidade.” Falando dos goles, alégrase polo hat-trick de Álvaro Rey: “é un bo mozo e alégrome moito por el porque aínda nos ten que dar moito máis.” Esta vitoria é a quinta consecutiva en casa: “isto corrobora o bo momento na Malata e temos que aproveitalo.” Malia que a situación na táboa non é nada positiva os xogadores demostran que mentalmente atravesan un bo momento: “en situacións como estas saber controlar a ansiedade é moi importante e eles sábenos facer. É digno de encomiar.”

Nova final para o noso equipo que chega na xornada 36 e co partido ante o San Sebastián dos Reis. Mañá, domingo, ás 17:00 horas o único resultado que nos vale é unha vitoria. Sumando os tres puntos en xogo seguiríamos con opcións para saír dos postos de descenso. A boa racha en casa, onde levamos catro vitorias consecutivas, invitan á esperanza de poder conseguir celebrar mañá ese novo triunfo.

O negativo esta semana está nas lesións. Á baixa de Fran Sota, que cun esguince de xeonllo dixo adeus ao que resta de tempada, únese para esta xornada a do guardameta Néstor Franco cunha rotura fibrilar no cuádriceps. Esta baixa provoca que o porteiro do Racing Xuvenil, Alex Regueira téñase que sentar mañá no banco coma segundo porteiro. Pola contra, o positivo é que Ricardo recupera a Joselu, unha peza crave no xogo do equipo.

Para conseguir esta vitoria o apoio da nosa afección tamén será fundamental. Necesitamos a axuda dos nosos seguidores racinguistas e por iso mañá haberá entradas bonificadas para os abonados e que se poderán retirar en taquilla. 7 euros en tribuna, 5 en preferencia e 3 en fondo sur.

. Consulta os horarios dos nosos partidos “click aquí”

O próximo domingo 22 de abril ás 17 horas, enfrontarémonos á UD San Sebastián de los Reyes, partido correspondente á 35ª xornada de Liga.

O equipo loita pola permanencia e este partido será o primeiro das tres finales que restan por xogar na Malata.

O Consello de Administración decidiu para esta primeira final tomar as seguintes medidas, co fin de que a nosa cidade, coma en outras ocasións, apoie ao equipo para conseguir a salvación.

  • Entradas bonificadas para amigos e familiares dos nosos abonados (imprescindible presentar o carnet de abonado).
  • Repartiranse 500 invitacións da grada de Preferencia para menores de 18 anos con licencia federativa de fútbol. Ditas invitacións recolleranse na Delegación de Ferrol da RFGF.

ENTRADAS BONIFICADAS *

GRADAS

AMIGO ABONADO

TRIBUNA

7  €

PREFERENCIA

5  €

FONDO SUR

3  €

*As entradas bonificadas tamén poderán retirarse na taquilla.

ENTRADAS PÚBLICO GENERAL

GRADAS

PÚBLICO

MENOR DE 12 ANOS

TRIBUNA

20 €

1 €

PREFERENCIA

15 €

1 €

FONDO SUR

10 €

1 €

#ApoiaAoEquipoDaTuaCidade

#Contigo3finais

HORARIO VENDA DE ENTRADAS

De martes a venres:   De 10:00 h. – 13.30 h.

De martes a xoves:     De 16:30 h. – 19:30 h.

Sábado:                            De 11:00 h. – 13:00 h.

Taquilla: Domingo a partires das 16:00 h.

Derrota demasiado abultada para o noso equipo en Fuenlabrada onde perdemos por 4-0. Cun gol tempranero, no minuto 11 por mediación de Dioni, o partido xa se puxo costa arriba nunha primeira parte na que non fomos capaces de chegar con perigo á portería rival. Con todo, na segunda e cando parecía que os racinguistas comezaban a dominar o partido chegou o segundo tanto do Fuenlabrada. Juanma Marrero, no minuto 73 batía a Mackay e un minuto máis tarde Randy sentenciaba co terceiro. Xa sen opcións para intentar a remontada Dioni marcou de penalti o 4-0 definitivo. Xa non hai tempo para lamentarse de derrota porqué a salvación pasa por gañar o domingo na Malata. O San Sebastián dos Reis visitará o noso campo nun partido que comezará ás 17:00 e que se presenta crucial para lograr o obxectivo.