La dirección deportiva ha llegado a un acuerdo con el entrenador D. Emilio Larraz López  que lo vinculará al Racing por dos temporadas.

Emilio Larraz, zaragozano de 50 años ha sido entrenador durante las tres últimas temporadas del C.D. Ebro quedándose en esta última a solo 4 puntos de la promoción de ascenso.

En  su trayectoria ha dirigido al Real Zaragoza B, C.D. Sariñeda, C.D. Teruel, entre otros.

Solo podemos darle la bienvenida, y esperamos que con su trabajo y dedicación nos lleve muy lejos.

Deseamos mucha suerte a Emilio, que será la de todos los racinguistas.

 

Ás seis desta tarde, e cunha duración de pouco máis de cinco minutos, tivo lugar a asamblea extraordinaria do Racing Club Ferrol S.A.D. e na que se aprobaron, por unanimidade, os novos membros do Consello de Administración, cesando o anterior consello e que agora pasa a estar formado por:

  • José María Criado Labajo
  • José Antonio Castelo Ares
  • Borja Silveira Rey
  • Jorge Silveira Rey
  • Ignacio Rivera Quintana
  • Fernando Matías Wirtz Rodríguez
  • Manuel Ángel Ansede Sánchez

Como decimos este punto foi aprobado por unanimidade estando presentes na xunta o 61,23% do accionariado. A continuación pasouse ao seguinte punto de rogos e preguntas na que non houbo ningún tema a tratar polo que se deu por concluida a asamblea.

Ignacio Rivera falou despois cos medios de comunicación confirmando que José Criado continuará coma presidente, Fernando Wirtz exercerá de vicepresidente e Manuel Ansede será o Conselleiro Delegado. Tamén destacou que esta semana “será unha semana de novas por parte de Carlos Mouriz e o primeiro será coñecer quen será o novo adestrador.”

Gran experiencia y disfrute para nuestros niños del Alevín A en el Torneo de Abanqueiro celebrado este fin de semana en Boiro. 4ª plaza para nuestro equipo después de realizar un gran campeonato en una jornada muy exigente por el calor. Destacar que en el partido para el tercer y cuarto puesto nos enfrentamos al Celta, equipo que logró la victoria por 2-0. Darle la enhorabuena a todo el equipo y en especial a Adrián Bouzas, elegido como mejor portero del torneo.

Adrián Bouzas recibiendo su premio

 

Gran noticia para todos os nen@s que participen na edición deste ano do Campus “Xoga No Racing”,  xa que terán a honra de disfrutar dunha Máster Class,  o venres 29 de xuño,  do mellor xogador do Mundo de Fútbol Praia, o galego Ramiro Amarelle actualmente Seleccionador Nacional  Fútbol Praia de China.

Ramiro Amarelle é o xogador máis laureado a nivel mundial na súa disciplina, actualmente é o único consultor acreditado de Fútbol-Playa da Federación Internacional de Fútbol (FIFA), foi manager-adestrador e xogador do F.C. Barcelona de Fútbol-Praia, ademáis de posuir o título de adestrador de nivel 3.

Palmarés Individual

  • FIFA Beach Soccer World Cup MVP: 2003, 2008
  • FIFA Beach Soccer World Cup Bota de Prata: 2008
  • Euro Beach Soccer League MVP: 1998, 2000, 2001, 2003
  • Euro Beach Soccer League Máximo goleador: 1998, 2007
  • Euro Beach Soccer League Rookie del Año: 1998
  • Euro Beach Soccer League en Noruega (Stavanger) Mellor xogador: 2004
  • Euro Beach Soccer League en Italia (Scoglitti) Mellor xogador: 2004
  • Euro Beach Soccer League en Portugal (Portimão) Máximo goleador: 2004
  • Euro Beach Soccer League en Italia (San Benedetto del Tronto) Máximo goleador: 2007
  • Mundialito MVP: 2001
  • Copa do Descobrimento MVP: 2001
  • World League Top Scorer: 2001
  • Capocannoniere Serie A: 2006
  • Capocannoniere Coppa Italia: 2007
  • Membro do equipo Euro All-Star elexido para xogar contra Brasil en Tarragona 2007 (España).
  • Membro da Selección do Mundo: 2007, 2008, 2009, 2011 e 2012.

Palmarés 

Fútbol

     Deportivo de La Coruña

  • Copa de Campións Xuvenil: 1995-96

Fútbol Playa

     Milano Beach Soccer

  • Scudetto: 2006, 2007,2008
  • Coppa Italia: 2006, 2007,2008
  • Supercopa: 2008

Selección

   España

  • Euro Beach Soccer League, campión: 1999, 2000, 2001, 2003, 2006
  • Euro Beach Soccer League finalista: 2004
  • Euro Beach Soccer League terceira praza: 1998
  • Euro Beach Soccer League cuarta praza: 2007
  • Copa Mundial de Fútbol Praia de FIFA finalista: 2003, 2004
  • Copa Mundial de Fútbol Praia de FIFA third place: 2000
  • Copa Mundial de Fútbol Praia de FIFA fourth place: 2008
  • Euro Beach Soccer League en España (Mallorca) campión: 2004
  • Euro Beach Soccer League en Noruega (Stavanger) campión: 2004
  • Euro Beach Soccer League en Italia (Scoglitti) campión: 2004
  • Euro Beach Soccer League Grupo A, en Mallorca campión: 2006
  • Euro Beach Soccer League en Portugal (Portimão) finalista: 2004
  • Euro Beach Soccer League Grupo A, en Tignes (Francia) finalista: 2006
  • Copa Latina finalista: 2000, 2004
  • Copa Latina cuarta praza: 1999
  • Mundialito finalista: 2004
  • Mundialito terceira praza: 2001, 2009
  • Copa do Descobrimento finalista: 2001
  • World League terceira praza: 2001

(Fonte: http://www.campusramiroamarelle.es/)

 

 

 

 

Os biberóns do Ánimas, Rápido de Neda e a Escola de Fútbol R. Ferrol disputaron onte, na Malata, uns partidiños para por o peche a este curso 2017/2018. Os pequeños disfrutaron cunha xornada un tanto diferente aos adestramentos habituis ao contar con outros nenos doutros equipos.

O fútbol de Ferrolterra tivo o seu recoñecemento este venres coa celebración dos Premios Volta a Ría que otorga a Delegación en Ferrol da Federación Galega de Fútbol.

O Racing Xuvenil, polo seu ascenso á División de Honra, os xogadores Álex Ramos, Sergio Otero, Luis Rodríguez e Alberto Rodríguez pola súa participación coa Selección Galega Sub-18 e os equipos da Escola: Benxamín A e Alevín A coma campións dos seus respectivos grupos nas ligas locais, foron os premiados por parte do noso clube.

 

Álex Ramos, Alberto Rodríguez, Sergio Otero e Luis Rodríguez, acompañados polo Delegado en Ferrol da FGF, Manolo Mesa.

 

O equipo Benxamín A posa coas súas medallas e trofeo coma campión do Grupo 1º da Liga Local xunto ao alcalde da cidade, Jorge Suárez.

Os membros do Alevín A, campións do Grupo 22, con Iván Balaguer coma adestrador.

O equipo Feminino da Escola de Fútbol R. Ferrol puso un gran broche de ouro á tempada ao proclamarse Campión de Copa. O sábado, no Campo da Gándara, derrotaron na final ao Amistade Meirás por 2-0, goles marcados por Carmela Barro. Gran partido das nosas chicas que poñen así fin a unha nova tempada na que disputaron o campionato de Liga e despois o campionato de Copa.

 

 

Os premios “Volta á Ría” entregaranse mañá, venres 8 de xuño, ás 20:00 horas, no Pazo da Cultura de Narón e no transcurso da VII Gala do Fútbol de Ferrolterra. Unha gala na que se otorgan diferentes premios polo traballo e resultados da temporada que está a punto de finalizar e na que o Racing tamén estará representado.

Por una banda, o Racing Xuvenil recibirá unha distinción especial polo seu recente ascenso á División de Honra. Tamén os xogadores: Alberto Rodríguez, Álex Ramos, Luis Rodríguez e Sergio Otero por participar coa Selección Galega Sub-18 na presente tempada.

Álex Ramos, Alberto Rodríguez, Sergio Otero e Luis Rodríguez

Por outra parte, os diferentes equipos que conseguiron os títulos de campións nos seus respectivos grupos das ligas locais de Fútbol-8 tamén recibirán o seu agasallo. Neste caso, o Benxamín A da Escola de Fútbol R. Ferrol polo título de campión de liga no Grupo 21, que lle serviu para disputar a Fase Intermedia do Campionato Provincial.

Benxamín A

 

 

 

 

 

 

 

E o equipo Alevín A coma campión do Grupo 22.

Alevín A

Gran resultado para o Racing Infantil A no Torneo Internacional de Ribadeo celebrado este fin de semana. O noso equipo alzouse co trofeo de campión tras realizar un gran torneo e vencer na final ao Sporting de Gijón por 1-3.

Por outra banda, tamén este fin de semana excelente resultado para o equipo Feminino e a súa clasificación para a Final de Copa que terá lugar este próximo sábado, ás 17:30 horas, no Campo da Gándara, ante o Amistade Meirás. O noso equipo chega a esta final grazas a eliminar ao CD As Pontes en semifinais.

Ademáis, o equipo de Veteráns clasificouse para os cuartos de final do Campionato Galego Absoluto ao vencer en Vigo ao Pereiro por 0-1.

E o fin de semana tamén se completou con diferentes torneos nos que participaron equipos da Escola, coma o Torneo de Fúbol 11 de Arosa coa participación do Alevín C; Torneo de Meirás no que estivo o Prebenxamín B; Torneo Vila de Pontedeume tamén coa participación do Prebenxamín B e Benxamín C e Torneo San Mamede no que xogou o Alevín D.

Torneo Vilagarcía Alevín F-11