O último día de agosto tráenos noticia en forma de fichaje. Chámase Pau Bosch, defensa central aínda que tamén pode xogar de mediocentro defensivo, ten 30 anos nacido en Fondarella(Lleida) e chega procedente da UE LLagostera e anteriormente estivo xogando entre outros, no Lleida e Alcoyano.

Moi ilusionado chega Pau á nosa cidade e ao noso equipo onde xa ten un obxectivo común aos seus compañeiros: devolver ao Racing a segunda división b, seguro que entre todos conseguirémolo.

¡Bienvenido ao Racing Pau!

 

Trala finalización do adestramento matinal, o adestrador Emilio Larraz compareceu en rolda de prensa ante os medios de comunicación.

Como normal habitual todos os venres comparecerá en rolda de prensa para analizar a previa do partido. Nesta ocasión sobre o partido que disputaremos o vindeiro domingo ás 18 horas contra o Ourense CF

Deixámosvos o enlace das declaracións

https://www.ivoox.com/28232239

Como todos os xoves, hoxe despois do adestramento, rolda de prensa ante os medios de comunicación asistentes. Esta mañá foron os xogadores Carlos García e Catú foron os encargados de atender aos xornalistas.

Como xa é habitual deixámosvos o enlace á nosa conta Ivoox por si queredes escoitar os seus comentarios.

https://www.ivoox.com/28211388

O vindeiro domingo día 2 de setembro ás 12 horas comeza a andadura pola División de Honor o noso equipo xuvenil. Primeira xornada no Campo de Gandara 2 contra o Real Racing Club ás 12 horas, con entrada gratuita para os nosos abonados, previa presentación do carnet e 3 Euros para os non abonados.

Os nosos equipos de base han ter moito ajetreo este fin de semana, detallámosvos un pequeno resumo

O Racing xuvenil de división de honor levouse o Trofeo Industriais tras vencer na tanda de penaltis ao Sporting de Sada.

O equipo cadete A de división de honor tamén se levou un trofeo este domingo, ao proclamarse campións do V Torneo A Mercé organizado polo CD Conxo Santiago. Non lles foi tan ben o venres que disputaron un partido amistoso contra o Calasanz no que perderon por 1-2.

O venres o cadete B disputaba tamén un amistoso contra o RAcing Villalbes no que o resultado final foi de empate 2-2.

Xa o sábado seria quenda para o equipo infantil que xogaba pola mañá contra o San Tirso cunha derrota de 5-4 e o Xuvenil B que gañaba ao Oza Xuvenil por 3-1

Sen dúbida ningunha non foi o comezo que todos quixésemos. Hoxe comezaba a tempada 18-19 para este equipo que, ilusionándonos a todos, non ha ter o mellor dos seus días, ao perder por 4- 0 coa UD Somozas

Primeiro partido de liga que nos deixa moi claro o que xa sabiamos, esta liga vai ser moi dura e teremos que esforzarnos e traballar moito máis para lograr o desexado ascenso.

Obviamente é o primeiro partido de liga e queda moito por diante, moito marxe de mellora e estamos seguros que estes próximos partidos, que ademas, xogaremos na Malata, serán claves para que o equipo colla ritmo e aséntese nesta competición.

Unha tarde plagada de fútbol, de bo ambiente e de moita solidariedade, onde o menos importante foron os resultados e si a cantidade de 32 000 € que irá destinado a colaborar coa Fundación Arraigo e coa Institución Benéfico e Social Pai Rubinos.

Ás cinco e media comezaba o primeiro partido que enfrontaba aos xuvenís do Racing e a unha selección de futbolistas afeccionados de Ferrolterra, que acabou cun resultado de 3-0 para os de división de honor.

Mais tarde ás oito da tarde daba comezo o partido estrela que nos enfrontaba ao Pontevedra CF e que finalizo con vitoria dos lerenses.

Posteriormente, entrega de trofeos e  fotos de familia para terminar cunha tarde do máis futbolera.

 

Ás 20 horas de mañá sábado, o Racing estrearase na Malata nesta pretemporada 18-19, e sen dúbida en un clásico, o XX Memorial “Moncho Rivera”, que por primeira vez celebrarase na Malata e que nos enfrontará, nun partido benéfico,  co Pontevedra C.F.

Previamente ás 17.30 horas haberá tamén un partido amistoso entre o Racing Xuvenil e unha selección de afeccionados de Ferrolterra.

Recordámosvos que a entrada ten un custo de 5 ? en calquera das gradas (Fondo Sur, Preferencia e Tribuna) e que toda a recaudación será a beneficio da Fundación Arraigo e da Institución Benéfico Social Pai Rubinos.

Sen dúbida unha bonita oportunidade para ver ao noso equipo na semana previa ao comezo da tempada e por suposto a de colaborar cunha causa benéfica e axudar a estas entidades que tanto o necesitan.

 

Final emocionante a vivida onte en Ou Roxo (Cerceda), tras un partido no que a SD Compostela estivo por diante do marcador durante pouco máis da metade do partido, pero onde un Racing que, sen dúbida, deixouse a alma para conseguir o empate no marcador que os levaría á tanda de penalits.

Tras once tiros desde os once metros por cada equipo, finalmente a balanza inclinouse a favor dos compostelanos tras irse por arriba o lanzamento do porteiro Diego Rivas.

Terminada xa a competición da Copa Diputación, o vindeiro sábado enfrontarémonos ao Pontevedra CF no XX Memorial Moncho Rivera e empezaremos a preparar o primeiro partido de liga contra o Somozas.

 

Esta mañana en el Concello de Ferrol, se ha presentado el XX Memorial “Moncho Rivera”, evento organizado por el Victoria CF y que por primera vez se jugará en A Malata con el patrocinio de la Corporación Hijos de Rivera.

El XX Memorial tendrá lugar el próximo sábado y  se jugarán los siguiente partidos.

17.30 horas: RCF Juvenil- Selección Aficionados Ferrol

20.00 horas: RCF – Pontevedra CF

La entrada al partido será de 5 € en cualquiera de las tres gradas (Tribuna, Preferencia y Fondo Sur) que se habilitan para el evento.

Destacar el carácter solidario y benéfico del torneo donde la recaudación total irá a favor de la Asociación Arraigo y de la Real Institución Benéfico Social Padre Rubinos,