Nova rolda de prensa na Malata, esta vez con declaracións de Carlos García e Borja Hernández.

Consulta aquí todos os partidos das nosas categorías inferiores → Partidos 26_27_28.10.18

Como cada luns, roda de prensa de dous xogadores, nesta ocasión era a quenda de Joselu e Pau Bosch que falaron da vitoria de onte por 0-1 ante o Arosa SC, da semana de adestramento e do próximo rival.

 

Estaba tardando moito, pero por fin chego a ansiada vitoria fóra da nosa casa. Visita complicada a que tiñamos esta tarde na Lomba, pero o equipo estivo á altura.

Tal e como ocorría no partido contra a SD Compostela, o equipo domino perfectamente o partido, tenia a posesión do balón, víanselle as ideas claras pero non daba chegado o gol da tranquilidade e o que tanto nos facia falta

Tivemos que esperar ata o minuto 87 no que Joselu marcaba o ansiado gol e convertíao en 3 magníficos puntos.

Agora, con tres puntos máis e coa seguridade que se consegue ao ter máis confianza, pensamos xa no seguinte partido, esta vez de volta na nosa casa, o vindeiro sábado ante o líder do grupo, o Bergantiños FC.

Tralo último adestramento antes do partido de mañá contra o Arosa SC, o técnico facilitou a lista de convocados.

A única baixa é a de Marcos Álvarez que segue recuperándose da súa lesión e que si todo segue asi, probablemente estará dispoñible para o próximo partido.

A boa noticia é a recuperación de Pablo Rei que volve entrar na convocatoria.

Os convocados son: Diego Rivas, Chema, Seoane, Catú, Pau Bosch, Garrido, Joel, Villarejo, Borja Hernández, Carlos García, Leo Marques, Pablo Rey, Juan Antonio, Joselu, Armental y Javi Sanmartín.

Tralo adestramento desta mañá, o adestrador Emilio Larraz compareceu en roda de prensa para falar sobre a previa ao partido do próximo domingo contra o Arosa SC

Tras comunicado recibido pola Real Federación Galega de  Fútbol, os seguintes xogadores foron convocados para un adestramento que terá lugar o vindeiro martes 23 de outubro

Sub 15 Masculina:

Aarón Salgueiro Canosa

Hugo Rodriguez Martinez

Pablo Barran Franco

Sub 12 -Femenina

Cloe Allegue Loureiro

 

Todos os partidos racinguistas deste fin de semana:

 partidos_19,20,21.10.18

Como todos os luns, despois do adestramento, rolda de prensa na Malata para que dúas dos nosos xogadores analicen cos medios de comunicación, o partido xogado na tarde de onte contra a SD Compostela.

Nesta ocasión, tocáballe a quenda a dúas ferrolanos; o capitán Pablo Rei que si todo vai ben conta estar dispoñible no próximo partido contra o Arousa e ao sempre riseiro Joel López que, entre outras moitas cousas, sacounos unhas risas na súa intervención.

Mañá descanso para o primeiro persoal que volverá o mércores aos adestramentos.

Partido bonito o vivido hoxe na Malata ante a SD Compostela, pero sen dúbida o mellor de todo o encontro é a imaxe que deu o equipo ante un gran rival.

Faltou o gol, pero intentámolo e non unha nin dous, si non moitas veces, e é que hai partidos así que por moito que o intentes o balón non quere entrar.

Púidose poñer peor a tarde, tralo penalti pitado en contra polos colegiados, que un gran Diego Rivas conseguiu parar.

Estamos seguros, e así o din tamén o técnico Emilio Larraz e Diego Garrido que falaron ante os medios de comunicación, que si seguimos por esta linea, esforzándonos, traballando duro os resultados chegarán.