Como cada luns, despois do adestramento, rolda de prensa para coñecer as impresións dos nosos xogadores trala vitoria de onte contra o CD Boiro.

A quenda foi para Carlos García e Borja Hernández, este último que volvía ser titular tras varias semanas na bancada.

Nova semana de convocatorias nas seleccións comarcales e Galega

Estes son os xogadores que foron convocados:

Selección de Ferrol Sub 12:

  • Hugo López Bajo
  • Diego Rey Martínez

Selección galega Sub 16:

  • Lucas González Fariña

Selección galega Sub 18:

  • Borja Pita Seoane
  • Manuel Fernández Arroyo
  • Alex Fonticoba Formoso
  • Alejandro del Rio González

 

Comunicamos que no partido correspondente á 15ª xornada do campionato de liga, RCF -CD Choco, que se celebrará este próximo domingo 2 de decembro ás 17.00 h., a Fundación Racing Club Ferrol organiza unha recolleita solidaria de alimentos en beneficio do ?Banco de Alimentos Rías Altas?. A recolleita realizarase en todas as portas de acceso do Campo da Malata, así como nas oficinas do club en venda anticipada.

Todos os alimentos non perecederos serán bienvenidos, pero en especial necesítase, leite, produtos de alimentación infantil e alimentos precocinados.

Desde o Racing, queremos agradecer a solidariedade dos que decidan colaborar coa campaña, e farase un desconto do 50% na entrada de adulto para devandito partido. O desconto será aplicable tanto en venda anticipada como na taquilla o día de partido.

Os prezos das localidades para este partido son os seguintes:

  PREZO PÚBLICO PREZO PÚBLICO COLABORANDO NA RECOLLEITA SOLIDARIA
GRADAS ÚNICA MENOR DE 12 ANOS ÚNICA MENOR DE 12 ANOS
TRIBUNA 12 € 1 € 6 € 1 €
PREFERENCIA 10 € 1 € 5 € 1 €
FONDO SUR 8 € 1 € 4 € 1 €

HORARIO DE VENTA ANTICIPADA NA OFICINA

De luns a venres:           De 10:00 h.  – 13.30 h.

De luns a xoves:             De 16:30 h. – 19:30 h.

Sábado: De 11:00 h. – 13:00 h.

HORARIO DA TAQUILLA

DOMINGO 02-12-18: a partir das 16.00 h.

Novo partido, esta vez desprazámonos a Boiro, un campo o de Barraña que se nos complicou ata o día de hoxe. E para romper as estatísticas nada mellor que unha vitoria contundente por 0-3

Os goles foron obra de Pablo Rey por dúas ocasións e Juan Antonio.

Nova semana na que o equipo volve recargarse de confianza e afrontar con máis forza si cabo o partido do próximo domingo contra o CD Choco.

Rolda de prensa do técnico Emilio Larraz previa o partido do próximo domingo contra o  CD Boiro.

Novo adestramento no Campo Anexo da Malata para preparar o partido contra o CD Boiro que xogaremos o vindeiro domingo ás 16.30 horas en Barraña.

Día de roda de prensa por parte de dous xogadores, neste caso de Pau Bosch e Joselu que falaron para os medios de comunicación do próximo rival.

Aqui podrás consultar todos los partidos que disputarán nuestros equipos de Base y Escuela

Partidos fin de semana 23, 24 y 25 nov. 2018

 

 

Tralo partido de onte, o equipo volveu hoxe aos adestramentos e será mañá martes cando poidan gozar dun día libre, antes da dobre sesión do mércores.

Roda de prensa despois do adestramento no que lle tocou a quenda a Chema e Villarejo que analizaron a situación do equipo,  o partido de onte contra o CD Barco e tamén falaron do próximo rival; o CD Boiro.

Nova vitoria na nosa casa, nun partido no que o equipo estivo moi sólido. Non empezamos ben, xa que no minuto 23 o CD Barco poñíase por diante no marcador, pero non houbo nervios, nin ansiedade, seguían os minutos e seguiuse traballando e buscando o empate de todos os xeitos posibles. Os minutos pasaban e o bo traballo empezou a dar os seus froitos. O empate chegaba por obra de Juan Antonio no minuto 70, o equipo veuse máis arriba, e aos poucos minutos chegaba o gol de Joselu para facernos saltar a todos das nosas butacas. Habitámolo conseguido, remontaramos, pero queriamos máis, e lográmolo con ese gol da tranquilidade que nos regalou Juan Antonio.

Un 3-1 final que nos sitúa por fin na zona alta da clasificación, agora si nos postos de promoción.

Rolda de prensa do adestrador,  Emilio Larraz, previa ao partido do próximo domingo contra o CD Barco.