Primeiro adestramento do novo xogador Javi Rei, que esta mañá coñeceu aos seus compañeiros e ao corpo técnico racinguista.

Tralo adestramento, presentación do xogador ante os medios de comunicación acompañado polo Presidente Jose María Criado.

Estamos a mércores pero xa estamos pensando en todos os partidos que temos esta semana, tanto dos equipos basee como da Escola de Fútbol.

Partidos fin de semana

O pontevedrés Javi Rei converteuse en novo xogador racinguista ata final de tempada. O mediocentro de 27 anos chega procedente do UCAM Murcia. Formado nas categorías do Pontevedra CF, xogou tamén no CD Lugo, Celta B, Guijuelo, Logroñes e Badajoz.

Javi Rei incorporarase aos adestramentos, e coñecerá aos seus compañeiros,  mañá xoves na sesión que fará o equipo en horario de mañá.

 

Primeiro adestramento para preparar o partido do próximo domingo ante o Polvorín (CD Lugo “B”), ao finalizar o mesmo, os xogadores Joselu e Pau Bosch compareceron ante os medios de comunicación para falar das súas impresións tralo partido.

Como cada ano e desde a actividade que leva a cabo a Fundación do Racing, empezamos a visitar os colexios que así nolo solicitan.

Os xogadores Adrián Armental e Miguel Villarejo visitaron nesta ocasión o CEIP A Laxe e compartiron con 25 nenos de primaria, uns minutos de diversión contestando a todas as preguntas que lles formularon. Tamén houbo tempo para autógrafos e fotografías.

A fundación quixo colaborar doando unha camiseta do primeiro equipo  co CEIP A Laxe para os actos que organizan con motivo do día da Paz que se celebra este mércores.

Agradecemos a todo o profesorado e alumnado do CEIP A Laxe a invitación e o trato recibido durante a visita dos nosos xogadores.

Novo punto o que conseguiu o equipo no día de onte en casa do Ourense CF, que nos segue mantendo no liderato.

O partido estivo marcado pola expulsión por dobre tarxeta amarela ao noso xogador Juan Antonio minuto antes de que se chegase ao descanso.

Cun xogador menos o equipo foi capaz de poñerse por diante do marcador cun gol do xogador Fernando Beltrán no seu primeiro partido como racinguista.

Con dez xogadores desde o inicio da segunda parte, o equipo aguantou aínda que no minuto 73 o Ourense CF conseguía o empate.

O equipo que descansou no día de hoxe volverá ao adestramento mañá pola mañá, con dobre sesión o martes, descanso o mércores e sesión matinal o xoves, venres e sábado.

 

Todos os partidos deste fin de semana, tanto dos nosos equipos da Escola de Fútbol como de Base..

Partidos fin de semana

Esta mañá ao termino do adestramento, os xogadores Diego Garrido e Juan Antonio compareceron ante os medios de comunicación. Entre outros puntos falaron dos próximos partidos que disputaremos fóra da Malata, da nova incorporación e da situación actual do equipo

 

Mañá con novidade na Malata, o xogador Fernando Beltrán de 26 anos procedente do Coruxo FC asinou o contrato que o vincula ao noso equipo ata xuño de 2021.

Nada máis chegar púxose o “traxe de faena” e xunto cos seus novos compañeiros realizou a sesión matinal de adestramento.

Ao terminar, foi presentado ante os medios de comunicación polo presidente racinguista Jose Maria Criado.

A curiosidade da mañá foi que, aínda que o seu DNI poña que naceu en Ou Saviñao (Lugo), realmente Fer Beltrán, naceu na nosa  cidade, xa que os seus pais, naquel momento, traballaban en Ferrol.

¡Benvido ao RCF Fernando!

Deixámosvos o audio da presentación.

 

Esta tarde recibimos a visita da UD Somozas nun partido no que o único que faltou foron goles. Empate a cero no marcador onde ambos equipos tivemos poucas ocasións de adiantarnos no marcador.

Tralo partido, o técnico Emilio Larraz e o xogador Diego Garrido compareceron ante os medios de comunicación para analizar devandito partido.