O equipo adestrou esta mañá no campo principal con todos os compoñentes dispoñibles. Borja Hernández que adestrou toda a semana co grupo e espérase que estea dispoñible para o técnico no partido contra a UD Ourense deste domingo.

Tralo adestramento, Joselu e Pau Bosch compareceron ante os medios de comunicación para falar sobre o rival e a situación do equipo.

Aproxímase o fin de semana e deixámosvos un enlace con todos os partidos que disputarán todos os nosos equipos

Partidos 29,30,31.03.19

Tralo partido de onte, o equipo retomou os adestramento esta mañá. Hoxe tocaba sesión de recuperación e trala finalización do mesmo Chema e Villarejo compareceron ante os medios de comunicación para falar do liderato, da situación do equipo e do partido de onte contra o Bergantiños

Cando non podes gañar, o mellor é non perder. O equipo cumpriu á perfección co tópico e conseguiu un valioso empate ante o Bergantiños (0-0). O fútbol directo predominou nas Eiroas, que apenas presenciou ocasións de gol. Os verdes brillaron a nivel defensivo, pero adoeceron de pegada en ataque. Cun punto de vantaxe sobre o equipo carballés e o Compostela, a igualada mantennos na primeira posición.

A masiva presenza de afeccionados racinguistas alentou aos nosos condicionados pola praga de lesións. A entrada de Joel, en detrimento de Fer Beltrán, foi o único cambio no once. O mediocentro ferrolano arrastra molestias desde fai varias semanas, pero cumpriu con nota en Carballo. Aportou o que o Racing buscaba: solidez.

Chema, elixido #MVPRacinguista do partido, sostivo ao equipo con varias intervencións sobresalientes. A máis destacada chegou no minuto 16, cando o meta santiagués sacou un pé máxico a remate franco de Jorge Cano. Antes, xa resolvera con acerto un tiro envenenado do propio xogador local. Foron as oportunidades máis claras do Bergantiños, que apenas inquietou no segundo tempo.

Cristopher, moi atento, evitou o cabezazo de Juan Antonio logo dun remate de Armental. No minuto 28, o sevillano probou fortuna cun disparo que atrapou o porteiro; pouco despois, o propio dianteiro protestou un posible penalti tras un centro raso de Joselu. Nada decretó o colegiado.

Tamén buscou o 0-1 a balón parado Pablo Rei. O capitán, a tres tantos de igualar a Pazolo, puido marcar cun lanzamento de falta que desviou Granada. O futbolista rojillo tocou o seu tiro coa cabeza, pero non estivo lonxe de introducir o balón no seu portería. Antes do descanso, Chema volveu aparecer para despexar un golpeo de Jorge Cano.

A segunda parte tivo menos actividade. Balóns longos e disputas aéreas coparon unha batalla sen cuartel. Ningún bloque foi capaz de dar un paso á fronte. Juan Antonio, con molestias, deu o susto nada máis arrincar. Por fortuna, o ariete andaluz puido continuar sobre o terreo de xogo.

Case sen remates entre os tres paus, Chema desviou un man a man con Jorge Cano. O único achegamento con perigo. Un cabezazo moi desviado de Borja Facal e un remate forzado de Armental completaron o coubo de chegadas. O técnico aragonés decidiu non mover o banquiño no tramo final.

Con 57 puntos no peto, o empate permítenos seguir vendo a clasificación desde o máis alto a falta de nove xornadas. Pero o Tourmalet continúa. O vindeiro domingo (18:00), a UD Ourense espera en Ou Couto.

Ficha técnica:

Bergantiños: Cristopher; Borja Facal, Diego, Marcos, Aarón Rama; Roberto Beleato, Granada, Toni; Jorge Cano, Ekedi (Cañi, min. 72) e Jorge Sáez (Álex Diéguez, min. 85).

Racing: Chema; Seoane, Catú, Garrido, Villarejo; Armental, Pau Bosch, Joel, Pablo Rey; Joselu e Juan Antonio.

Árbitro: Casanova Cudeiro (Ourense). Amonestó aos xogadores visitantes Pau Bosch e Villarejo.

Incidencias: As Eiroas. 1.000 espectadores.

Tralo adestramento matinal, o adestrador compareceu en roda de prensa para falar da situación do equipo trala baixa de Fer Beltrán que se une á de Carlos García, Javi Sanmartín, Borja Hernández, Javi Rey, e do próximo partido que xogaremos o domingo ás 17 horas nas Eiroas

Foto: Cora Seoane

Trala vitoria desta tarde fronte ao Arosa SC por 4-0, o adestrador e os xogadores Pablo Rei e Armental foron citados polos representantes dos medios de comunicación que se deron cita na Malata.

Manu Amor

Logo da tempestade, sempre chega a calma. O equipo completou un gran partido na Malata e goleó ao Arosa (4-0). Juan Antonio inaugurou un marcador que redondearon Garrido e Pablo Rei, este último por partida dobre. O equipo, moi superior ao seu adversario durante todo o encontro, volveu sorrir ante a afección. Ademais, o triunfo devólvenos á primeira posición tralo empate do Bergantiños contra o Ribadumia.

As ganas de revertir a dinámica notáronse desde o comezo. Juan Antonio, moi activo, acaparou as primeiras chegadas de perigo. No minuto dez, avisou a Manu Táboas cun testarazo que se marchou desviado; dous despois, Armental cabeceou ao lateral da rede un centro de Pablo Rei desde a banda esquerda. O dominio correspondía ao conxunto local, que volveu rozar o gol no minuto 24. O porteiro, moi atento, salvou in extremis un saque de esquina botado por Rei.

A insistencia deu os seus froitos no minuto 27. Joselu, veloz, serviu o primeiro tanto en bandexa a Juan Antonio. O sevillano estrelou un primeiro remate no pau, pero aproveitou o rexeite para adiantarnos no marcador. Xusto antes do descanso, o propio Juan Antonio estivo a piques de conectar cun centro raso de Armental que se paseou polo área. O resultado facía xustiza ao visto no primeiro tempo.

A segunda parte arrincou cunha expulsión. O arlequinado Pacheco, no minuto 48, viu a vermella directa por unha dura entrada por detrás a Armental. En superioridade numérica, os racinguistas buscaron durmir o choque con posesións longas. Joselu, no 51′, quedouse a centímetros de rematar un centrochut do omnipresente Armental. Rozando o 60′, Diego Garrido encargouse de marcar a diana da tranquilidade: empregou un pase de Fer Beltrán para, desde case a área pequena, bater a Táboas cun disparo cruzado.

O Arosa deu un pequeno susto no minuto 68. Sylla, máximo realizador da categoría, estrelou un potente tiro no larguero. Tan só foi un espejismo. No 80′, Pablo Rei caeu derribado no interior do área e o colegiado non dubidou en sinalar a pena máxima. O capitán encargouse de transformala co seu habitual sutileza. Outra vez el, no 84′, pechou o marcador ao cazar un rexeite do meta a tiro de Diego Seoane. 17 goles no que vai de tempada e 95 coa camiseta do Racing, a só tres do récord histórico de Pazolo.

Os últimos minutos serviron para dosificar esforzos. Emilio Larraz deu minutos ao xuvenil Edu Branco, que debutó no presente curso. Vitoria balsámica que reforza o ánimo antes do vital choque da próxima semana: o Bergantiños espera nas Eiroas.

Ficha técnica:

Racing: Chema; Seoane (Edu, min. 87), Catú, Garrido, Villarejo; Armental, Pau Bosch, Fer Beltrán (Joel, min. 74), Pablo Rey; Joselu e Juan Antonio (Marcos Álvarez, min. 81).

Arosa: Manu Táboas; Pacheco, Pablo González, Trapero, Torrado; Iago Martínez (Quique Cubas, min. 46), Julio Rey (Mou, min. 64); Javi Otero, Luis García, Chiqui (Suso, min. 64); e Sylla.

Árbitro: Castro Castro (Santiago). Expulsó con cartulina vermella directa o xogador do Arosa Pacheco (min. 48). Amonestó con cartón amarelo ós locais Pablo Rey e Juan Antonio e os visitantes Iago Martínez e Mou.

Goles: 1-0 Juan Antonio (min. 27). 2-0 Garrido (min. 59). 3-0 Pablo Rey (min. 80). 4-0 Pablo Rey (min. 84).

Diego Seoane, Chema e  Marcos Alvarez visitaron onte aos alumnos de cuarto de primaria do colexio Ponzos de Ferrol.

Como en anteriores visitas, os xogadores responderon a todas as preguntas que os alumnos fixéronlles. Houbo tempo para fotos e firma de autógrafos.

Agradecer ao Colexio Ponzos a súa invitación e a todos os nenos polo agarimo co que trataron aos nosos xogadores.

Os xogadores Diego Rivas e Marcos Álvarez comparecen en roda de prensa para falar da derrota no día de onte fronte á SD Compostela e da situación actual do equipo.

Manu Amor
Fotografía: Mero Barral (Ferrol 360)

A fortuna segue sen acompañarnos, o equipo caeu pola mínima no derbi ante o Compostela (4-3). Os goles de Armental, Juan Antonio e Villarejo fixéronnos crer a toda a afección verde; o tempranero tanto de Aythami e un hat-trick de Álex Ares, finalmente, terminaron por desnivelar a balanza. Pese á mala dinámica de resultados, o equipo permanece a un só punto do liderato.

De novo, a mala sorte volveu cebarse cos nosos futbolistas en forma de lesións. Diego Rivas tivo que retirarse do terreo de xogo no minuto 24. O meta naronés intentou continuar pese ás súas molestias, pero viuse obrigado a ceder o seu posto a Chema.

A primeira ocasión do partido correu a cargo de Joselu. A vaselina do dianteiro, no minuto inicial, estivo a escasos centímetros de converterse no 0-1. Meneses foi rápido para evitar a diana baixo os paus. Tras uns compases cheos de igualdade, Aythami aproveitou un contragolpe para adiantar á Esedé no minuto 8

O gol espoleó ao conxunto local, que asumiu o mando coa pelota. Diego Rivas despexou un remate duro de Samu no minuto 18. Pouco despois, Anxo apareceu para atrapar un tiro raso de Joselu. O cadro capitalino presionaba a saída de balón racinguista. O equipo, iso si, foron gañando peso co avance do choque. Cada vez con máis balón, ao equipo custáballe conectar o último pase.

Armental levaba perigo pola banda dereita, pero os seus centros non atopaban rematador. Chema, atento, detivo un rexeite envenenado de Catú. Os últimos compases do primeiro período arrefriáronse polas constantes interrupcións.

O Racing arrincou con ímpetu o segundo tempo. Armental, no minuto 48, aproveitou un erro de Meneses para superar ao meta no man a man. O tanto do ribeirense facía crer no triunfo, pero, só catro minutos despois, Álex Ares transformaba un discutido penalti de Catú para asinar o 2-1. Chema acertou a dirección do lanzamento, pero non puido atajarlo.

No 61?, o propio Álex Ares anotou o 3-1 ao converter unha falta lateral. Todos esperaban o centro, pero o mediapunta sorprendeu co seu golpeo. Repetiu para, no 68?, castigar un fallo defensivo e selar o 4-1. Antes, o árbitro había anulado un gol do exracinguista Marcos Remeseiro.

Pese á dificultade da empresa, o equipo tirou de casta para volver ao partido. No minuto 75, Juan Antonio selou o 4-2 cun bonito remate a centro de Seoane; no 82′ , Villarejo mandou á rede un envío de Armental cun disparo cruzado. Aínda quedaba tempo.

Coa entrada de Marcos Álvarez, o equipo envorcouse nos últimos compases en busca da igualada. Intentouno con numerosos balóns colgados ao área, pero nin Joselu nin Marcos acertaron. O vindeiro domingo (17:00, A Malata), nova reválida ante un Arosa en plena forma.

Ficha técnica:

Compostela: Anxo; Saro, Álvaro Casas, Meneses, Naveira; Samu, Marcos Remeseiro (Santi, min. 81); Miki, Álex Ares (Mon, min. 69), Brais Abelenda; e Aythami (Piscu, min. 87).

Racing de Ferrol: Diego Rivas (Chema, min. 24); Seoane (Marcos Álvarez, min. 76), Catú, Garrido, Villarejo; Armental, Pau Bosch, Fer Beltrán, Pablo Rey; Joselu e Juan Antonio.

Goles: 1-0 Aythami (min. 8). 1-1 Armental (min. 48). 2-1 Álex Ares, de penalti (min. 53). 3-1 Álex Ares (min. 61). 4-1 Álex Ares (min. 68). 4-2 Juan Antonio (min. 75). 4-3 Villarejo (min. 82).

Árbitro: Abel Bruzos (Lugo). Amonestó os xogadores locais Álvaro Casas, Naveira, Anxo y Mon e ós visitantes Fer Beltrán, Catú, Villarejo, Pablo Rey y Emilio Larraz (adestrador).