Novo contratiempo para o equipo. Trala resonancia magnética practicada a Catú  confirmouse o peor dos pronósticos. Nova lesión de gravidade para o equipo, rotura do ligamento cruzado anterior do seu xeonllo esquerdo.

Parece que esa lesión cebouse durante esta tempada cos nosos xogadores, pero eles non baixan a garda, son unha piña e farán todo o posible por conseguir o obxectivo. Así nolo contaron Armental e Garrido que esta tarde acudiron a roda de prensa.

Texto: Manu Amor

O efecto A Malata volveu fornecer efecto. Logo de dous partidos a domicilio sen conseguir a vitoria, o equipo reencontrouse co triunfo ante o seu público (4-2). Pablo Rey, con dous tantos, Juan Antonio e Marcos Álvarez aniquilaron a un combativo Porriño Industrial. Cos tres puntos, ademais, o equipo volve colocarse primeiro, á espera de que o Bergantiños dispute o seu partido. Logo de 16 encontros, seguimos invictos no noso estadio.

Para atopar o camiño do gol, primeiro houbo que perderse varias veces. Os nosos intentárono por activa e por pasiva na primeira metade, pero foron incapaces de bater a Miguel. Nada máis comezar, Juan Antonio rozou o 1-0 cun remate a centro de Marcos Álvarez. Garrido, á saída dun saque de esquina, tamén ameazou ao cadro visitante.

As ocasións sucedéronse. Juan Antonio avisou cun tiro potente que se marchou a córner. No minuto 18, o colegiado invalidou un cabezazo de Garrido ao larguero por falta en ataque. Catú, de novo a balón parado, obrigou a reaccionar ao porteiro rival no 21′. Só dous despois, Miguel protagonizó un auténtico paradón a volea de Pau Bosch. Non parecía o día.

O vendaval de oportunidades continuou ata o descanso. Juan Antonio, no área pequena, perdoou ao filo da media hora: recibiu un envío de Marcos Álvarez e, cando a grada cantaba gol, topouse cun inspirado meta. Xusto antes do tempo intermedio, o dianteiro sevillano volveu perdoar, logo de conectar cun preciso pase filtrado de Pablo Rey.

O bloque de Manuel Losada, mentres, apenas pisou a área contraria. Só Benja, cun tiro raso e desviado, e Leandro, que golpeou alto cando se quedou só ante Diego Rivas, inquietaron mínimamente.

A peor noticia da primeira parte chegou no minuto 37. As lesións continúan perseguíndonos: esta vez foi Catú o que non puido continuar no terreo de xogo. Moreira, última incorporación, efectuou a súa debut ao substituír ao central. Pau Bosch atrasou a súa posición e o carballés colocouse como mediocentro.

Tralo paso polos vestuarios, o propio Moreira probou fortuna cun remate ligeramente desviado. Non tardou en chegar o primeiro tanto. Pablo Rey, que rozara o gol con anterioridad, picou a pelota sobre Miguel e asinou o 1-0 no minuto 49. Era o premio xusto ao dominio do equipo racinguista. No 66′, Juan Antonio ampliou a vantaxe. Tras unha xogada de Joselu pola banda esquerda, o ariete andaluz bateu a Miguel por baixo e aportou unha merecida dose de tranquilidade.

A superioridade do Racing seguiu sendo manifesta. Pablo Rey, cun centrochut marca da casa, atopouse coa rede. No minuto 77, Marcos Álvarez selou o 3-0. De novo, Joselu apareceu polo costado zurdo para facilitar a diana do extremo ortegano. Parecía a sentenza. Craso erro.

No 79′, Richi empregou unha indecisión defensiva para superar a Diego Rivas. 120 segundos despois, Alberto García marcou o 3-2 cun lanzamento de falta. O Porriño Industrial metíase de novo no partido. Como non, apareceu o de sempre: Pablo Rey. Con outra falta directa, sorte que converteu nunha especie de penalti afastado, finiquitaba a vitoria e anotaba o seu gol 97. Xa está a só un do récord histórico de Pazolo.

Coa expulsión do visitante Richi, por dobre tarxeta amarela, e un tiro alto do xuvenil Luís Rodríguez terminou o encontro. A Malata contaxia o seu sorriso. O noso Racing, líder provisional.

Ficha técnica:

Racing: Diego Rivas; Seoane, Catú (Moreira, min. 40), Garrido, Villarejo; Marcos Álvarez, Pau Bosch, Borja Hernández (Luís Rodríguez, min. 78), Pablo Rey; Joselu (Borja Pita, min. 89) e Juan Antonio.

Porriño Industrial: Miguel; Miki, Alberto García, Areal, Portas; Rocha, Carlos Campo, Caramés (Aarón, min. 69); Edu (Richi, min. 56), Leandro e Benja (Gabri, min. 76).

Árbitro: Espasandín Cores (A Coruña). Expulsou con dobre amonestación ao xogador do Porriño Industrial Richi (min. 86). Amonestó con tarxeta amarela aos locais Garrido e Pablo Rey e aos visitantes Miki e Leandro.

Goles: 1-0 Pablo Rey (min. 49). 2-0 Juan Antonio (min. 66). 3-0 Marcos Álvarez (min. 77). 3-1 Richi (min. 79). 3-2 Alberto García (min. 81). 4-2 Pablo Rey (min. 85).

Tramitada xa a ficha do novo xogador racinguista José Moreira, o xogador, ao terminar o adestramento foi presentado ante os medios de comunicación polo Presidente do RCF José Maria Criado.

O xogador chega moi ilusionado e con ganas de sumar e axudar aos seus novos compañeiros a lograr o obxectivo.

Deixámosvos todo o audio da presentación.

 

O equipo adestrou esta mañá no campo principal e posteriormente os xogadores Diego Rivas e Marcos Álvarez compareceron ante os medios de comunicación.

Ambos xogadores falaron da situación do equipo e do próximo rival o Porriño Industrial.

Informámosvos de todos os partidos que disputarán os nosos equipos o fin de semana

Partidos 5,6,7.04.19

Jugador: Sergio González Quintans

Pruebas realizadas: Resonancia Magnética

Lesión: Rotura del LCA xeonllo esquerda

Tratamento: Reposo. Será intervido quirurxicamente nas vindeiras semanas


Jugador: Adrián Armental González

Pruebas realizadas: Radiografía y TAC

Lesión: Traumatismo del 1º dedo del pie derecho con fisura en la base de la falange proximal

EstadoTratamiento: Reposo con rehabilitación


Jugador: Fernando Beltrán Losada

Lesión: Fractura dos costillas con pequeño neumotórax

Estado del Tratamiento: Reposo


Jugador: Javier Villar Rey

Lesión: Rotura del LCA, rotura del LLE de la rodilla derecha

Estado del Tratamiento: Reposo tras intervención. Rehabilitación


Jugador: Javier Sanmartín Miramontes

Lesión: Fractura del quinto metatarsiano del pie izquierdo.

Estado del Tratamiento: Rehabilitación


Jugador: Carlos García Quesada

Lesión: Rotura del LCA y esguince del LLI de su rodilla derecha

Estado del tratamiento: Rehabilitación

 

Chegou o mes de abril e con iso a recta final da liga regular da Terceira División.

A falta de oito xornadas, catro delas na nosa casa, o equipo necesítavos a todos para conseguir a praza que nos levará a disputar o Play Off de ascenso a 2ª División “B”.  Por todo isto, o Consello de Administración decidiu sacar un abono especial para os catro últimos partidos na Malata:

  • PORRIÑO INDUSTRIAL
  • CD BOIRO
  • CD ARENTEIRO
  • RACING VILLALBÉS

Recordámosvos que ao ser abonado do Racing, te beneficiarás de descontos nas entradas para o Play Off de ascenso. Si non cho queres perder, non esperes máis e

 ¡EMBÁRCATE NO RACING!

4 FINALES EN #AMALATA

CATEGORÍAS

ADULTO SENIOR SUB 30 SUB 20
GRADAS TRIBUNA 36 € 28 € 20 € 8 €
PREFERENCIA 28 € 20 € 15 € 7 €
FONDO SUR 20 € 15 € 8 € 5 €

 

ADULT@: Maiores de 30 años e menores de 65 años. Aplicable os nacidos despois do 1 de septembro de 1953 e antes do 1 de septiembre de 1988.

SENIOR: Maioresde 65 años. Aplicable os nacidos antes do 1 de septiembre de 1953.

SUB 30: Menor de 30 anos. Aplicable os nacidos despois do 1 de septiembre de 1988 e antes do1 de septiembre de 1998.

SUB 20: Menor de 20 años. Aplicable os nacidos despois do 1 de septiembre de 1998 e antes do 1 de septiembre de 2006.

 

Fotografía: Yedra Seara
Texto: Manu Amor

O equipo segue sen dar coa tecla a domicilio. Un libre directo transformado por Alfredo, á media hora de xogo, decantó o duelo ante a UD Ourense (1-0). O conxunto anfitrión foi superior na primeira parte e os nosos dominaron o xogo tralo descanso. Marcos Álvarez, no tempo engadido, gozou da ocasión máis clara para empatar. A derrota devólvenos á segunda posición, a dous puntos do Bergantiños.

A formulación do equipo local, cunha liña de tres centrais, dificultó desde o comezo o xogo do Racing. Pablo Corzo, Germán e Vieytes se erigieron nunha muralla impenetrable por arriba. Incapaces de perforar por dentro, os pupilos de Emilio Larraz buscaron facer dano polas bandas. As incorporaciones de Armental polo costado dereito deron lixeira sensación de perigo.

O conxunto ourensano, mentres, asumía o peso do partido co balón. Hugo García probou a Chema cun potente disparo. Non houbo máis remates entre os tres paus no primeiro tempo, a excepción do gol. Pablo Rei e Joselu topáronse cunha maraña de defensores en cada arrancada. Unha perna interpoñíase en todos os golpeos.

No minuto 31, Alfredo asinou o primeiro e único tanto do encontro. O lateral, un experto a balón parado, colocou o esférico pegado á base do poste. Imparable para Chema. Por si fose pouco, unha nova lesión volveu golpearnos: Armental, no 39?, viuse obrigado a retirarse do terreo de xogo. Marcos Álvarez entrou no seu lugar.

O guion do choque cambiou tralo paso polos vestuarios. Con Pablo Rei máis centrado, o Racing buscou combinar e inquietar polos costados. Faltou precisión no último pase, tranquilidade nos metros finais e unha pizca de fortuna. Pato estivo imperial nos centros laterales.

Pablo Rei, cun chut alto, avisou ao porteiro uruguayo no minuto 75. Antes, Rubén Durán estivera preto de marcar o 2-0 cun espectacular disparo de lonxe. A UDO, especialmente hábil ao contragolpe, aproveitaba a suma de racinguistas en campo contrario.

Catú apareceu para cortar un remate franco de Isi, noutra acción de roubo e velocidade. Os últimos minutos foron un acoso total sobre a área auriense. Marcos Álvarez, Joselu e Pau Bosch topáronse, unha vez máis, coa telaraña tecida por Fernando Currás. Nin os cinco minutos de tempo engadido resultaron suficientes para conseguir a igualada.

Decepcionado pola derrota, o vestuario só ten en mente un obxectivo: derrotar ao Porriño Industrial a próxima semana. É o único camiño para recuperar o liderato. O efecto A Malata volve xogar o seu papel.

Ficha técnica:

UD Ourense: Pato; Fran, Pablo Corzo, Germán, Vieytes, Alfredo; Marcos (Adrián Rodríguez, min. 76), Rubén Durán, Presas (Isi, min. 75), Óscar Fondevila (Viti, min. 65); e Hugo García.

Racing: Chema; Seoane, Catú, Garrido (Borja Pita, min. 81), Villarejo (Borja Hernández, min. 73); Armental (Marcos Álvarez, min. 39), Joel, Pau Bosch, Pablo Rey; Joselu e Juan Antonio.

Árbitro: López Fernández (Lugo). Amonestó con tarxeta amarela os locales Fran, Vieytes e Pablo Corzo e os visitantes Joel, Villarejo e Pablo Rey.

Gol: 1-0 Alfredo (min. 31).