A ampliación de capital segue en proceso e xa son poucos os días que restan para a finalización do dereito de suscripción preferente para todos os que xa son accionistas.

O próximo día 4 finaliza devandito periodo e abrirase un novo prazo para todos as persoas físicas e xurídicas, accionistas ou non, que poderán subscribir as novas accións restantes desembolsando achegas dinerarias, sen preferencia especial algunha e aplicándose únicamente un criterio de preferencia temporal na suscripción das novas accións, ata que se proceda, no seu caso, á completa suscripción do presente aumento de capital.

Recordámosvos que para poder exercer o dereito de suscripción preferente deberanse subscribir polos interesados o correspondente Boletín de Suscripción, que estará á vosa disposición  na entidade Caixabank, oficina sita en Plazuela Camilo Jose Cela, 1,
3, 15402 Ferrol,

Ferrol, 21 de novembro de 2019: Este mediodía, na Cervecería Australian de Narón, levouse a cabo a entrega do premio MELLOR XOGADOR ESTRELA GALICIA, do mes de outubro.

Representantes dos medios de comunicación elixiron, nun principio, a Juan Antonio, Armental e Fernando Beltrán, para que finalmente os afeccionados a través dos seus votos en RRSS, convertesen a Juan Antonio no MELLOR XOGADOR ESTRELA GALICIA, cun 53,76 % dos votos.

No acto estiveron presentes o propietario da Cervecería Australian, Diego Abad Díaz, Rubén Vázquez como Promotor Comercial de Estrela Galicia e o propio Juan Antonio Sánchez.

Diego Abad entregou a Juan Antonio o premio como MELLOR XOGADOR ESTRELA GALICIA e o xogador correspondeulle entregándolle o PREMIO CERVECERÍA DO MES de Ferrolterra.

Juan Antonio recoñeceu facerlle moita ilusión o premio recibido, xa que era a primeira vez que se levaba un premio individual. Así mesmo agradeceu o apoio a todos os afeccionados que votaron a través da nosa conta de Twitter.

O vindeiro xoves 14 de novembro, ás 20 horas, celebraremos na Malata, o partido conmemorativo ao centenario do noso Racing xunto a un invitado de honor: o Sevilla CF.

As entradas para devandito partido estarán á venda  a partir do xoves 7 de novembro aos seguintes prezos:

ABONADOS
FONDO SUR PREFERENCIA TRIBUNA
ADULTO 6 € 8 € 10 €
SUB 30 E SUB 20 2 € 3 € 4 €
INFANTIL <12 1 € 1 € 1 €

 

AMIGO ABONADO
FONDO SUR PREFERENCIA TRIBUNA
ADULTO 8 € 10 € 12 €

 

PÚBLICO

FONDO SUR PREFERENCIA TRIBUNA
ADULTO 10 € 12 € 15 €
INFANTIL <12 2 € 2 € 2 €

 

Teremos á venda unha edición especial da bufanda conmemorativa do partido celebración do Centenario, que xunto coa entrada terá  un prezo de 10 € para os abonados e 12 € para non abonados. (ata final de existencias)