A Federación de Penas RCF e o Racing Club de Ferrol,  decidiron que, por problemas técnicos e de logística, pospoñer a data de celebración da festa racinguista pola súa  Centenario, que se ía a celebrar o próximo día 4 de xaneiro de 2020.

Nos próximos días, tanto o Racing como a Federación de penas volveranse a reunir, para facer deste acto unha gran festa, como creemos, que o racinguismo e Ferrolterra merécense.

Ferrol, 11 de decembro de 2019– O Racing Club de Ferrol, S.A.D., inaugurou este martes unha tenda no centro da cidade. Concretamente a tenda está situada na Rúa Magdalena nº 148 e permanecerá alí ata o 10 de xaneiro do 2020.

Na tenda do RCF os afeccionados poderán adquirir as camisetas oficiais da tempada e a camiseta conmemorativa do Centenario, entre outros produtos.

A camiseta do Centenario, moi solicitada desde que se puxo á venda fai uns días, polo que estamos seguros de que será o agasallo estrela estes Nadais entre os racinguistas, ao ser, ademais de camisetas, un recordo para toda a vida.

Doutra banda, onte visitaron a todo o persoal do primeiro equipo, Elena, a directora da sucursal de Caixabank que gestiona a ampliación de capital e a súa compañeira Cristina, na que todos os xogadores, dando exemplo de racinguismo, implicáronse na ampliación de capital subscribindo accións. Só quedan dous días para a finalización da ampliación de capital e animamos a todos os ferrolan@s a que subscriban, como pediu o presidente nos últimos días, polo menos unha acción para que completemos a ampliación de capital exitosamente. Recordamos que o valor nominal de cada acción é de 24.04 euros e poderase tramitar na Sucursal de Caixabank sita na Plazuela Camilo Jose Cela.