Partido bonito o vivido hoxe na Malata ante a SD Compostela, pero sen dúbida o mellor de todo o encontro é a imaxe que deu o equipo ante un gran rival.
Faltou o gol, pero intentámolo e non unha nin dous, si non moitas veces, e é que hai partidos así que por moito que o intentes o balón non quere entrar.
Púidose poñer peor a tarde, tralo penalti pitado en contra polos colegiados, que un gran Diego Rivas conseguiu parar.
Estamos seguros, e así o din tamén o técnico Emilio Larraz e Diego Garrido que falaron ante os medios de comunicación, que si seguimos por esta linea, esforzándonos, traballando duro os resultados chegarán.