Ferrol, 21 de febreiro de 2020- O vindeiro sábado 9 de maio Ferrol será protagonista dunha das citas musicais de 2020 na provincia. O dúo zaragozano Amaral visitará Ferrol dentro do seu vira de presentación do seu último disco “Salto al Color” e dará un concerto de longa duración na explanada do FIMO (Recinto Ferial de Punta Arnela). Este concerto formará parte dos actos programados este ano con motivo da celebración do centenario do Racing Club de Ferrol.

Tras varios anos centrados en compoñer e gravar este novo álbum, Eva Amaral e Juan Aguirre, Amaral, publicaron este novo traballo o pasado 6 de setembro, sendo un dos discos máis exitosos do panorama nacional en 2019 alcanzando o número 1 da lista de vendas española.

O grupo define este novo disco como “unha zambullida a un océano de cores sonoras onde conviven madeira e metal, corazón e cortiza”. Intégrano 13 pistas, que inclúen un guiño a Galicia cunha versión dunha cantiga de Martín Códax, que conta coa colaboración de Carlos Núñez.

En novembro de 2019, Amaral foi nomeado ao Premio MTV EMA Awards a mellor grupo español e ademais recibiu o 40 Golden Music Awards por toda a súa carreira. Son exemplo de que é posible lograr o apoio do público e da crítica. A súa forma de entender a música e a xestión da súa carreira, desde o compromiso e a liberdade, convertéronlles nun referente indiscutible da música española.

As entradas para este especial concerto poñeranse á venda o vindeiro martes 25 de febreiro ás 11:00 da mañá na web www.amaral.bringthenoise.events.