Esta mañá visitaron A Malata Alberto Pombo e Arcadio González, dous dos coordinadores de “Aquí tamén se fala galego”, unha iniciativa de dinamización lingüística no ámbito escolar que busca normalizar o emprego do galego en todos os ámbitos da vida pública, incluído, o fútbol.

Hai uns meses, propuxéronnos colaborar con eles e, como club galego que somos, con sete xogadores da terra nas súas filas e varios galegofalantes vestindo a nosa camisola, recibimos o seu ofrecemento cos brazos abertos.

Dende entón visitamos varios centros educativos como parte das actividades englobadas na súa proposta, creamos contido específico démoslles visibilidade a través das nosas redes sociais e puxémonos a súa disposición para calquera cousa que necesitasen.

Hoxe, aproveitando que designamos o partido do sábado perante a AD Alcorcón como #partidoaquítaménsefala e que cen dos alumnos que participaron na iniciativa estarán nas bancadas da Malata, convidámolos a pasar pola nosa sala de prensa e facer balance do que foi esta iniciativa.