Fai uns días, os alumnos de 5º e 6º de educación primaria do Colexio de Ponzos recibiron a visita dunha representación do plantel racinguista. Laro, Mendiguchía e Nano, acompañados polo manager, Gerardo Molina, charlaron e asinaron autógrafos cos nenos. Esta visita enmárcase dentro das actividades organizadas pola Fundación Racing Club Ferrol.