Ferrol, 11 de marzo de 2020:- Tralo comunicado da RFEF, as dúas próximas xornadas de liga, (Real Madrid Castilla e Getafe “B”) quedan suspendidas, do mesmo xeito que todas as competicións dos nosos equipos de Base.

Todos os afeccionados que xa retiraron entradas para o partido contra o Real Madrid Castilla, teñen varias opcións:

1- Tal e como sucedeu coas entradas do partido do Centenario, as entradas pódense gardar para cando se disputei o partido.
2- Solicitar nas oficinas, o reintegro do importe, previa presentación da entrada correspondente. O reintegro farase na mesma forma que foron pagas. O prazo para a devolución destas entradas finalizará o próximo 29 de marzo de 2020.
3- O que compraron as entradas a través de internet, devolveráselles automáticamente o importe das mesmas ao longo do día de hoxe.

O horario da oficina para a devolución do importe das entradas será o seguinte:
Luns a Xoves: 10-14 h e de 17-19 h.
Venres: 10-14 h