Fotografía: Yedra Seara
Texto: Manu Amor

O equipo segue sen dar coa tecla a domicilio. Un libre directo transformado por Alfredo, á media hora de xogo, decantó o duelo ante a UD Ourense (1-0). O conxunto anfitrión foi superior na primeira parte e os nosos dominaron o xogo tralo descanso. Marcos Álvarez, no tempo engadido, gozou da ocasión máis clara para empatar. A derrota devólvenos á segunda posición, a dous puntos do Bergantiños.

A formulación do equipo local, cunha liña de tres centrais, dificultó desde o comezo o xogo do Racing. Pablo Corzo, Germán e Vieytes se erigieron nunha muralla impenetrable por arriba. Incapaces de perforar por dentro, os pupilos de Emilio Larraz buscaron facer dano polas bandas. As incorporaciones de Armental polo costado dereito deron lixeira sensación de perigo.

O conxunto ourensano, mentres, asumía o peso do partido co balón. Hugo García probou a Chema cun potente disparo. Non houbo máis remates entre os tres paus no primeiro tempo, a excepción do gol. Pablo Rei e Joselu topáronse cunha maraña de defensores en cada arrancada. Unha perna interpoñíase en todos os golpeos.

No minuto 31, Alfredo asinou o primeiro e único tanto do encontro. O lateral, un experto a balón parado, colocou o esférico pegado á base do poste. Imparable para Chema. Por si fose pouco, unha nova lesión volveu golpearnos: Armental, no 39?, viuse obrigado a retirarse do terreo de xogo. Marcos Álvarez entrou no seu lugar.

O guion do choque cambiou tralo paso polos vestuarios. Con Pablo Rei máis centrado, o Racing buscou combinar e inquietar polos costados. Faltou precisión no último pase, tranquilidade nos metros finais e unha pizca de fortuna. Pato estivo imperial nos centros laterales.

Pablo Rei, cun chut alto, avisou ao porteiro uruguayo no minuto 75. Antes, Rubén Durán estivera preto de marcar o 2-0 cun espectacular disparo de lonxe. A UDO, especialmente hábil ao contragolpe, aproveitaba a suma de racinguistas en campo contrario.

Catú apareceu para cortar un remate franco de Isi, noutra acción de roubo e velocidade. Os últimos minutos foron un acoso total sobre a área auriense. Marcos Álvarez, Joselu e Pau Bosch topáronse, unha vez máis, coa telaraña tecida por Fernando Currás. Nin os cinco minutos de tempo engadido resultaron suficientes para conseguir a igualada.

Decepcionado pola derrota, o vestuario só ten en mente un obxectivo: derrotar ao Porriño Industrial a próxima semana. É o único camiño para recuperar o liderato. O efecto A Malata volve xogar o seu papel.

Ficha técnica:

UD Ourense: Pato; Fran, Pablo Corzo, Germán, Vieytes, Alfredo; Marcos (Adrián Rodríguez, min. 76), Rubén Durán, Presas (Isi, min. 75), Óscar Fondevila (Viti, min. 65); e Hugo García.

Racing: Chema; Seoane, Catú, Garrido (Borja Pita, min. 81), Villarejo (Borja Hernández, min. 73); Armental (Marcos Álvarez, min. 39), Joel, Pau Bosch, Pablo Rey; Joselu e Juan Antonio.

Árbitro: López Fernández (Lugo). Amonestó con tarxeta amarela os locales Fran, Vieytes e Pablo Corzo e os visitantes Joel, Villarejo e Pablo Rey.

Gol: 1-0 Alfredo (min. 31).