O xogador do Racing Xuvenil, Eduardo Blanco, foi o primeiro en lograr, esta tempada, un gol desde o medio do campo no concurso “Trae as túas botas ao campo”. Actividade que organiza a Fundación Racing Club Ferrol e que se leva a cabo nos descansos dos partidos que disputamos na Malata. Esta tarde, ante o Osasuna “B”, o centrocampista demostrou a súa habilidade marcando un gol directo, sen botar, desde o centro do campo, conseguindo así como premio a camiseta oficial do primeiro equipo. Os seus outros dous compañeiros, o xuvenil Adrián Fernández e o cadete Brais González, non tiveron tanta fortuna. Malia iso, todos levaron un agasallo do merchandising do club.

juveniles botas campo

Os tres xogadores participaron no concurso “Trae as túas botas ao campo”

Dentro de dúas semanas, no encontro ante a Ponferrandina, haberá unha nova oportunidade para todos aqueles que queiran probar sorte.

. Folla de inscripción “click aquí”