Manu Amor

Logo da tempestade, sempre chega a calma. O equipo completou un gran partido na Malata e goleó ao Arosa (4-0). Juan Antonio inaugurou un marcador que redondearon Garrido e Pablo Rei, este último por partida dobre. O equipo, moi superior ao seu adversario durante todo o encontro, volveu sorrir ante a afección. Ademais, o triunfo devólvenos á primeira posición tralo empate do Bergantiños contra o Ribadumia.

As ganas de revertir a dinámica notáronse desde o comezo. Juan Antonio, moi activo, acaparou as primeiras chegadas de perigo. No minuto dez, avisou a Manu Táboas cun testarazo que se marchou desviado; dous despois, Armental cabeceou ao lateral da rede un centro de Pablo Rei desde a banda esquerda. O dominio correspondía ao conxunto local, que volveu rozar o gol no minuto 24. O porteiro, moi atento, salvou in extremis un saque de esquina botado por Rei.

A insistencia deu os seus froitos no minuto 27. Joselu, veloz, serviu o primeiro tanto en bandexa a Juan Antonio. O sevillano estrelou un primeiro remate no pau, pero aproveitou o rexeite para adiantarnos no marcador. Xusto antes do descanso, o propio Juan Antonio estivo a piques de conectar cun centro raso de Armental que se paseou polo área. O resultado facía xustiza ao visto no primeiro tempo.

A segunda parte arrincou cunha expulsión. O arlequinado Pacheco, no minuto 48, viu a vermella directa por unha dura entrada por detrás a Armental. En superioridade numérica, os racinguistas buscaron durmir o choque con posesións longas. Joselu, no 51′, quedouse a centímetros de rematar un centrochut do omnipresente Armental. Rozando o 60′, Diego Garrido encargouse de marcar a diana da tranquilidade: empregou un pase de Fer Beltrán para, desde case a área pequena, bater a Táboas cun disparo cruzado.

O Arosa deu un pequeno susto no minuto 68. Sylla, máximo realizador da categoría, estrelou un potente tiro no larguero. Tan só foi un espejismo. No 80′, Pablo Rei caeu derribado no interior do área e o colegiado non dubidou en sinalar a pena máxima. O capitán encargouse de transformala co seu habitual sutileza. Outra vez el, no 84′, pechou o marcador ao cazar un rexeite do meta a tiro de Diego Seoane. 17 goles no que vai de tempada e 95 coa camiseta do Racing, a só tres do récord histórico de Pazolo.

Os últimos minutos serviron para dosificar esforzos. Emilio Larraz deu minutos ao xuvenil Edu Branco, que debutó no presente curso. Vitoria balsámica que reforza o ánimo antes do vital choque da próxima semana: o Bergantiños espera nas Eiroas.

Ficha técnica:

Racing: Chema; Seoane (Edu, min. 87), Catú, Garrido, Villarejo; Armental, Pau Bosch, Fer Beltrán (Joel, min. 74), Pablo Rey; Joselu e Juan Antonio (Marcos Álvarez, min. 81).

Arosa: Manu Táboas; Pacheco, Pablo González, Trapero, Torrado; Iago Martínez (Quique Cubas, min. 46), Julio Rey (Mou, min. 64); Javi Otero, Luis García, Chiqui (Suso, min. 64); e Sylla.

Árbitro: Castro Castro (Santiago). Expulsó con cartulina vermella directa o xogador do Arosa Pacheco (min. 48). Amonestó con cartón amarelo ós locais Pablo Rey e Juan Antonio e os visitantes Iago Martínez e Mou.

Goles: 1-0 Juan Antonio (min. 27). 2-0 Garrido (min. 59). 3-0 Pablo Rey (min. 80). 4-0 Pablo Rey (min. 84).