Durante a tarde de onte tivo lugar no Campo principal o final da tempada 18-19 da Escola.

Varios xogadores do primeiro equipo, Pablo Rei, Diego Rivas, Marcos Álvarez, Adrián Armental, Joel López e Javi Sanmartín,  así como do equipo xuvenil Borja Pita e Iñaki Leonardo non quixeron perderse a festa, compartiron a tarde cos alumnos e cos adestradores das diferentes categorías, chegando ata a xogar un pequeno partido cos mais pequenos. Tras 3 horas de fútbol, os nenos gozaron dunha pequena merienda xunto cos seus adestradores para pechar a tempada 2018-2019