Cristóbal Parralo deixa de ser o adestrador do Racing Club Ferrol.
Nos vindeiros días darase a coñecer a composición do novo corpo técnico.
O Racing Club Ferrol tomou a decisión de prescindir dos servizos do seu técnico Cristóbal Parralo.
Desde a entidade queremos mostrarlle todo o noso cariño e agradecemento, pondo en valor o seu compromiso e o gran traballo que ten realizado nestes últimos catro anos. A súa contribución foi determinante na chegada do club ao fútbol profesional, o que sempre lle asegurará un posto destacado na historia desta centenaria entidade.
Deséxamoslle o mellor nos seus proxectos futuros, conscientes da súa valía persoal e profesional.
O até onte segundo adestrador, Javier Manjarín, foi o encargado de dirixir o adestramento que o equipo está a realizar esta mañá en A Gándara. Nos próximos días daremos conta da nova composición do corpo técnico.