Skip to main content
GL
Primer Equipo

A Malata, preparada para arroupar ao Racing perante ao Levante UD

There are no reactions yet. Be the first!

O Levante UD visita mañá A Malata, nun duelo programado para as 20.30 horas. A 16ª xornada de LALIGA Hypermotion trae a Ferrol a un adversario que, tras un mes moi complicado e varios partidos adiados pola DANA que asolou Valencia, afronta agora un calendario condensado. Os granotas reencontráronse a semana pasada coa competición cun empate ante o Elche e hai apenas un par de días caeron eliminados da Copa do Rei despois de encaixar unha abultada derrota fronte ao Pontevedra. Pero nin ese traspié, nin o seu periplo por Galicia, nin a acumulación de encontros parecen amedrentar á formación que dirixe Julián Calero, que se mantén nunha privilexiada sétima posición, froito dun moi bo arranque de campionato. A capacidade dos visitantes para recuperarse do esforzo será determinante nunha contenda tamén de gran esixencia para o noso Racing, que pretende facerse forte en A Malata como catapulta para abandonar a zona perigosa da clasificación. O equipo que dirixe Cristóbal Parralo recupera para este partido a Bebé tras a súa participación con Cabo Verde na fase clasificatoria para a Copa Africana de Nacións. Unha convocatoria da que se cae Brais Martínez tras as molestias que sufriu no último partido fronte á SD Eibar. Tampouco estarán por lesión Aitor Gelardo, Luis Perea, Manu Vallejo e Rober Correa. Nas filas do Levante UD, Julián Calero non poderá contar con Iborra por lesión. CONVOCATORIA: Bernad, Delmás, Puric, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Álex López, Eneko Jauregi, Josep Señé, Nacho, Bebé, Yoel, David Castro, Fran Manzanara, Dorrío, Álvaro Giménez, Moi Delgado, Aitor Buñuel, Erick Cabaco, Jesús Ruiz e David Carballo.

Skip to next section