A Malata agarda ao líder
O Racing de Ferrol recibe ao seu homónimo de Santander
O líder da LALIGA Hypermotion visita A Malata. O domingo, a partir das 16h15, o Racing Club Ferrol enfrentarase co seu homónimo santanderino, o Real Racing Club, líder intratable da competición. Tras a parada obrigada da semana pasada, na que a traxedia vivida en Valencia obrigou a suspender o encontro do domingo ante o CD Castellón, o conxunto ferrolano retoma a actividade nun enfrontamento de máxima esixencia e ante un adversario que rendeu a un nivel espectacular neste primeiro cuarto de liga, tanto no seu campo como, sobre todo, cando actúa como visitante. Non en van, o Real Racing Club venceu todos os seus partidos lonxe de El Sardinero.
O Racing de Ferrol, que leva cinco xornadas sen coñecer a derrota (dúas vitorias e tres empates), quere sumar de novo de tres en tres para sacar a cabeza da zona perigosa da competición. Non será unha tarefa sinxela ante un adversario con moito gol e inspiración ofensiva. Un adversario ante o que, máis ca nunca, será necesario extremar as precaucións defensivas.
Precisamente, Cristóbal Parralo deberá facer modificacións nesa liña defensiva, obrigadas pola ausencia de Aleksa Puric por sanción. O central serbio será unha das baixas confirmadas para este encontro. As outras tres, as dos lesionados Luis Perea A,itor Gelardo e Rober Correa. O capítulo máis positivo, a incursión na convocatoria de Brais Martínez, Josep Señé e Erick Cabaco, este último por primeira vez en toda a tempada.
Para a confrontación, nas filas do Real Racing Club, José Alberto López perde a pierde por lesión a Mantilla, Michelin, Pol Moreno, Íñigo e Arana.
CONVOCATORIA: Emilio Bernad, Delmás, Naldo, Álvaro Sanz, Chiki, Álex Lóepz, Eneko Jauregi, Josep Señé, Nacho Sánchez, Bebé, Yoel, David Castro, Fran Manzanara, Josue Dorrio, Brais Martínez, Manu Vallejo, Álvaro Giménez, Moi Delgado, Aitor Buñuel, Erick Cabaco, Jesús Ruiz e David Castro