Skip to main content
GL
Primer Equipo

O Racing busca a súa primeira vitoria ante o CD Mirandés.

O Racing Club Ferrol recibe en A Malata ao CD Mirandés dentro da cuarta xornada de LALIGA Hypermotion

There are no reactions yet. Be the first!

Á procura da primeira vitoria da tempada, o Racing Club Ferrol recibe en A Malata, en horario pouco futbolístico -14.00 horas- ao Club Deportivo Mirandés dentro da cuarta xornada de LALIGA Hypermotion. Unha contenda na que o cadro ferrolán tratará de traducir en tres puntos as boas sensacións que deixou nos dous partidos previos que esta tempada disputou como local. Farao ante un adversario que chega a Ferrol invicto despois de sumar dous empates e unha vitoria no que vai de campionato.

A confrontación permitirá ver en acción, se Cristóbal Parralo o estima oportuno, aos dous últimos fichaxes da formación verde: Bebé e Rober Correa, que esta mesma semana se incorporaron á disciplina do club. Polo contrario, o técnico conta coas baixas de David Castro e Nacho, que evolucionan moi positivamente das súas doenzas; así como coas ausencias de Erick Cabaco e Aitor Buñuel. O xogador navarro foi operado o venres con éxito das múltiples fracturas que sufriu no seu rostro como consecuencia dun golpe recibido durante o último partido de liga en Riazor.

No Club Deportivo Mirandés, Lisci contará coa única dúbida de Postigo, que xa non disputou o último partido ante o Real Zaragoza e que esta semana traballou ao marxe do grupo.