Ferrol, 21 de novembro de 2019: Este mediodía, na Cervecería Australian de Narón, levouse a cabo a entrega do premio MELLOR XOGADOR ESTRELA GALICIA, do mes de outubro.

Representantes dos medios de comunicación elixiron, nun principio, a Juan Antonio, Armental e Fernando Beltrán, para que finalmente os afeccionados a través dos seus votos en RRSS, convertesen a Juan Antonio no MELLOR XOGADOR ESTRELA GALICIA, cun 53,76 % dos votos.

No acto estiveron presentes o propietario da Cervecería Australian, Diego Abad Díaz, Rubén Vázquez como Promotor Comercial de Estrela Galicia e o propio Juan Antonio Sánchez.

Diego Abad entregou a Juan Antonio o premio como MELLOR XOGADOR ESTRELA GALICIA e o xogador correspondeulle entregándolle o PREMIO CERVECERÍA DO MES de Ferrolterra.

Juan Antonio recoñeceu facerlle moita ilusión o premio recibido, xa que era a primeira vez que se levaba un premio individual. Así mesmo agradeceu o apoio a todos os afeccionados que votaron a través da nosa conta de Twitter.