Ás 20 horas de mañá sábado, o Racing estrearase na Malata nesta pretemporada 18-19, e sen dúbida en un clásico, o XX Memorial “Moncho Rivera”, que por primeira vez celebrarase na Malata e que nos enfrontará, nun partido benéfico,  co Pontevedra C.F.

Previamente ás 17.30 horas haberá tamén un partido amistoso entre o Racing Xuvenil e unha selección de afeccionados de Ferrolterra.

Recordámosvos que a entrada ten un custo de 5 ? en calquera das gradas (Fondo Sur, Preferencia e Tribuna) e que toda a recaudación será a beneficio da Fundación Arraigo e da Institución Benéfico Social Pai Rubinos.

Sen dúbida unha bonita oportunidade para ver ao noso equipo na semana previa ao comezo da tempada e por suposto a de colaborar cunha causa benéfica e axudar a estas entidades que tanto o necesitan.