Unha tarde plagada de fútbol, de bo ambiente e de moita solidariedade, onde o menos importante foron os resultados e si a cantidade de 32 000 € que irá destinado a colaborar coa Fundación Arraigo e coa Institución Benéfico e Social Pai Rubinos.

Ás cinco e media comezaba o primeiro partido que enfrontaba aos xuvenís do Racing e a unha selección de futbolistas afeccionados de Ferrolterra, que acabou cun resultado de 3-0 para os de división de honor.

Mais tarde ás oito da tarde daba comezo o partido estrela que nos enfrontaba ao Pontevedra CF e que finalizo con vitoria dos lerenses.

Posteriormente, entrega de trofeos e  fotos de familia para terminar cunha tarde do máis futbolera.