Ferrol, 22 de outubro de 2019– O Racing Club de Ferrol, S.A.D., celebrará o próximo 14 de novembro o partido de celebración do CENTENARIO. O Sevilla FC será o noso invitado de honor para tan importante celebración, ao que agradecemos públicamente todas as facilidades mostradas, para que “O partido do Centenario” sexa toda unha festa racinguista.

Esperamos que todo o racinguismo sómese a este partido especial, que seguro, perdurará no noso recordo.

O partido disputarase na Malata o xoves 14 de novembro ás 20 horas e nos próximos días informaremos do prezo das entradas.