Mañá con novidade na Malata, o xogador Fernando Beltrán de 26 anos procedente do Coruxo FC asinou o contrato que o vincula ao noso equipo ata xuño de 2021.

Nada máis chegar púxose o “traxe de faena” e xunto cos seus novos compañeiros realizou a sesión matinal de adestramento.

Ao terminar, foi presentado ante os medios de comunicación polo presidente racinguista Jose Maria Criado.

A curiosidade da mañá foi que, aínda que o seu DNI poña que naceu en Ou Saviñao (Lugo), realmente Fer Beltrán, naceu na nosa  cidade, xa que os seus pais, naquel momento, traballaban en Ferrol.

¡Benvido ao RCF Fernando!

Deixámosvos o audio da presentación.