Ferrol, 11 de febreiro de 2020- O vindeiro domingo día 16 as 12 do mediodía disputaremos un nova xornada de liga na Malata, nesta ocasión, visítanos a UD Ibiza, e queremos que a nosa casa énchase de racinguismo. Por iso, lanzamos unha promoción exclusiva para os nosos abonados, que poderán retirar entradas para os seus amigos ou familiares.

Cada abonado poderá retirar 2 ENTRADAS A 5 EUROS, independientemente da localidade e da categoría da que sexa abonado,  ditas entradas serán da mesma grada que o abonado.

O horario da oficina durante esta semana será o seguinte:

Mércores e xoves: 10- 14 horas e de 17 a 19 horas

Venres: 10-14 horas

Sábado: 11-13 horas

 Esta promoción será válida só en venda anticipada.