Gran resultado para o Racing Infantil A no Torneo Internacional de Ribadeo celebrado este fin de semana. O noso equipo alzouse co trofeo de campión tras realizar un gran torneo e vencer na final ao Sporting de Gijón por 1-3.

Por outra banda, tamén este fin de semana excelente resultado para o equipo Feminino e a súa clasificación para a Final de Copa que terá lugar este próximo sábado, ás 17:30 horas, no Campo da Gándara, ante o Amistade Meirás. O noso equipo chega a esta final grazas a eliminar ao CD As Pontes en semifinais.

Ademáis, o equipo de Veteráns clasificouse para os cuartos de final do Campionato Galego Absoluto ao vencer en Vigo ao Pereiro por 0-1.

E o fin de semana tamén se completou con diferentes torneos nos que participaron equipos da Escola, coma o Torneo de Fúbol 11 de Arosa coa participación do Alevín C; Torneo de Meirás no que estivo o Prebenxamín B; Torneo Vila de Pontedeume tamén coa participación do Prebenxamín B e Benxamín C e Torneo San Mamede no que xogou o Alevín D.

Torneo Vilagarcía Alevín F-11