Novo partido, esta vez desprazámonos a Boiro, un campo o de Barraña que se nos complicou ata o día de hoxe. E para romper as estatísticas nada mellor que unha vitoria contundente por 0-3

Os goles foron obra de Pablo Rey por dúas ocasións e Juan Antonio.

Nova semana na que o equipo volve recargarse de confianza e afrontar con máis forza si cabo o partido do próximo domingo contra o CD Choco.