Comunicamos que no partido correspondente á 15ª xornada do campionato de liga, RCF -CD Choco, que se celebrará este próximo domingo 2 de decembro ás 17.00 h., a Fundación Racing Club Ferrol organiza unha recolleita solidaria de alimentos en beneficio do ?Banco de Alimentos Rías Altas?. A recolleita realizarase en todas as portas de acceso do Campo da Malata, así como nas oficinas do club en venda anticipada.

Todos os alimentos non perecederos serán bienvenidos, pero en especial necesítase, leite, produtos de alimentación infantil e alimentos precocinados.

Desde o Racing, queremos agradecer a solidariedade dos que decidan colaborar coa campaña, e farase un desconto do 50% na entrada de adulto para devandito partido. O desconto será aplicable tanto en venda anticipada como na taquilla o día de partido.

Os prezos das localidades para este partido son os seguintes:

  PREZO PÚBLICO PREZO PÚBLICO COLABORANDO NA RECOLLEITA SOLIDARIA
GRADAS ÚNICA MENOR DE 12 ANOS ÚNICA MENOR DE 12 ANOS
TRIBUNA 12 € 1 € 6 € 1 €
PREFERENCIA 10 € 1 € 5 € 1 €
FONDO SUR 8 € 1 € 4 € 1 €

HORARIO DE VENTA ANTICIPADA NA OFICINA

De luns a venres:           De 10:00 h.  – 13.30 h.

De luns a xoves:             De 16:30 h. – 19:30 h.

Sábado: De 11:00 h. – 13:00 h.

HORARIO DA TAQUILLA

DOMINGO 02-12-18: a partir das 16.00 h.