“Xuntos faremos ao club mellor e eso é importante para o club e para a cidade.” Así finalizou a rolda de prensa dun esperanzador Ricardo López trala vitoria crucial ante o Toledo. Un triunfo que nos coloca en promoción de descenso e que da esperanzas para seguir con vida nas próximas xornadas. O técnico quiso dar as grazas á afección tras “unha semana dura. Hoxe veu máis xente e os necesitamos máis que nunca.” Ricardo sinalou que: “dende que cheguei deixome a pel polo Racing.” En cuanto ao seu equipo, un partido máis, amosouse “tremendamente orgulloso dos meus xogadores, polo traballo e pola mentalidade que teñen sacaremos isto adiante.” Recoñeceu o gran esforzo que tiveron que facer ao xogar cun menos durante máis de vinte minutos: “o equipo supo defender cun menos e sufrimos pero sen sacrificio non hai nada.”